Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - R. DE NEDA "B", 1.
 
 

PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - R. DE NEDA "B", 1.

SEGUIMOS MEDRANDO

Partido correspondente a 7ª da fase previa da Liga Prebenxamín grupo 3 disputado na mañá do sábado en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.

 


Ares 2 de novembro do 2013

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Marcos, David Allegue, Gonzalo, Lucas, David Vilasánchez (C), Axel, Uxía e Sergio Feal. Tamén xogaron: Brais, Óscar, Mateo, Aketx, Mario e Roi.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: Jose Ramón Hermida Varela.

RÁPIDO DE NEDA: Iker Teijeiro, Brais, Adrián Galego, David, Andrés, Adrián Carreira, Iker Marcial (C), e Antón. Tamén xogaron: Manuel, Hugo e Yoel.

Delegado: Javier Barro Fernández.

COLEXIADO: Juan Jesús Espiñeira Vara. Sen incidencias.

GOLES:

1 - 0 (DAVID VILASANCHEZ) David recolle un balón e de forte disparo bate o porteiro nedense, (minuto 11).

2 - 0 (AXEL) Xogada individual de Axel que termina en gol, (minuto 13).

3 - 0 (DAVID VILASANCHEZ) David anota un gol olímpico, (minuto 19).

4 - 0 (DAVID VILASANCHEZ) David recolle un despexe da defensa nedense, dispara e anota, (minuto 40.

4 - 1 (ADRIAN CARREIRA) Pérdida de balón numantina no medio do campo que termina cun contraataque aproveitado polos nedenses para batir a Marcos, (minuto 47).

5 - 1 (MARIO) Mario recibe un balón e dende fora da área lanza un disparo que sorprende ó porteiro rival, (minuto 49).

 

 

CRÓNICA:

Recibía o Numancia prebenxamín a visita do Rápido de Neda formado por nenos de primeiro ano e algún biberón. Para este encontro o Numancia formaba con 4 dos maiores (un deles debutaba) e 10 xogadores de primeiro ano (un tamén debutaba). Xogaban neste partido os 5 xogadores que se incorporaban esta temporada ó equipo, apoiado polos tres xogadores mais maiores e con algún mais veterán coa idea de ofrecer bo fútbol e sacar o partido adiante.

Dende os primeiros minutos o partido foi un monólogo numantino. Unhas veces por empuxe, e outras acompañadas de bo xogo o Numancia chegaba con perigo a portería visitante. Na primeira parte xa chegaban os goles sendo o resultado ó descanso o de 3 - 0.

Na segunda metade houbo algo mais de descontrol e tamén equilibrio, pero nos últimos minutos chegaban mais goles froito do dominio numantino deixando o marcador no coñecido 5 - 1 favorable os de Ares.

En resumo un partido diferente e desequilibrado. Boa ocasión para o debut de Gonzalo e de Roi, que se sumaron a Sergio Feal, Óscar e Uxía que se unían este ano o numeroso grupo do Numancia prebenxamín. Logo deste partido, debutaron os 21 xogadores que teñen licencia federativa. Moitos nenos facendo grupo coa excusa do deporte semana tras semana. Que sigan todos eles alá polo mes de xuño practicando deporte no Numancia é o principal obxetivo para esta temporada.

A vindeira fin de semana tocará pechar esta fase previa prebenxamín en Cedeira. Seguramente logo de ese partido coñeceremos se xogamos a Liga 1 (nivel alto e maior idade) ou a Liga 2 (nivel medio, idades compensadas). Non ten ningunha importancia xa que o número de partidos será o mesmo nas dúas competicións. Polo tanto temos fútbol totalmente garantizado para toda a temporada, soamente falta saber quenes serán os amigos cos que xoguemos cada fin de semana.

De momento a próxima parada a vindeira fin de semana en Cedeira.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.