Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 1.
 
 

PREBENXAMINS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 1.

O FÍSICO E A VETERANÍA FORON DETERMINANTES

Partido correspondente a 6ª xornada da Fase Previa Prebenxamín grupo 3 disputado nas instalacións de A Gándara en Ferrol na tarde do venres ante numerosos aficionados de ambos equipos.

Ferrol, 25 de outubro do 2013.

FICHA TÉCNICA:

Instante do partido R. San Pedro - Numancia (A Gándara 25/10/13)RACING SAN PEDRO: Hugo Andrade, Hugo Rodríguez, Anxo, Jorge, Marcos, Diego (C), Joel e Felipe. Tamén xogaron: Santi, Bruno e Marco.

Adestrador: Alberto Souto Felgar.

Delegado: Gumersindo González Arias.

NUMANCIA DE ARES: Marcos, Dani, Brais, Iker, Mateo, David Vilasánchez, Axel (C) e Hugo. Tamén xogaron: Ángel, David Allegue, Isma, Xerar e Mario.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADO: D. Arno Mbayo. Sen incidencias.

GOLES:

0 - 1 (HUGO) Hugo colle o balón en tres cuartos de campo e inicia unha xogada persoal que termina cun bonito disparo que bate ó porteiro local (minuto 5).

Instante do partido R. San Pedro - Numancia (A Gándara 25/10/13)1 - 1 (JOEL) Joel aproveita unha indecisión na defensa numantina para establecer ó empate (minuto 18).

2 - 1 (ANXO) Mal despexe do Numancia que cae nos pes de Anxo para batir a Marcos (minuto 31).

3 - 1 (JOEL) Córner favorable os locais que remata Joel no segundo pau (minuto 36).


CRÓNICA:

Rendía visita ó Numancia a un dos bos equipos da categoría, un Racing San Pedro que conta nas súas filas con moitos xogadores de segundo ano. Os numantinos contaban neste partido con 3 xogadores de segundo ano, axudados por 9 de primeiro. Partían en clara desvantaxe física os numantinos, pero nos primeiros minutos de partido saíron con forza e Hugo facía o 0 - 1 no minuto 5 de partido. No resto da primeira metade houbo bastante igualdade entre os dous equipos, os locais presi
onaban e conseguían ocasións grazas ó empuxe. Os de Ares aproveitaban a velocidade dos seus homes de ataque e as xogadas a balón parado para levar perigo. No minuto 18, Joel anotaba o 1 - 1 co que se chegaba ó descanso.

Na segunda metade o maior físico dos locais notouse no ritmo e nos balóns disputados. A veteranía do Racing San Pedro impúxose a inocencia numantina nos pequenos detalles. Erros de concentración ou falta de forza que facilitaron a chegada de dous novos goles para os locais; establecendo o coñecido 3 - 1 favorable os do Ensanche ferrolano. Tivo ocasións o Numancia para acadar o empate nalgunhas xogadas a balón parado pero non houbo sorte nin forzas para superar o forte traballo defensivo local, apoiado tamén na superioridade física.

En resumo, esixente partido para os prebenxamíns do Numancia, que a bon seguro aproveitaron para correxir erros e mellorar. Xogando contra equipos superiores e como mais se aprende; tarefa fundamental nesta categoría de formación; a aprendizaxe, acompañada da diversión e unha alta participación de minutos dos nenos nos partidos (unha pena que non sexa obrigatorio para todos)Instante do partido R. San Pedro - Numancia (A Gándara 25/10/13)

En definitiva, soamente nos queda agradecer o bo trato dispensado polo persoal do Racing San Pedro e por Laureano Bugallo (encargado das instalacións de A Gándara), seguir traballando e agardar unha noxa xornada de aprendizaxe, anécdotas e diversión que terá lugar o próximo sábado as 12:00 tendo como compañeiros de xogo os nenos prebenxamíns do Rápido de Neda. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡ ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.