Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. NUMANCIA, 3 - EFR FERROL "B", 3.
 
 

PREBENXAMINS. NUMANCIA, 3 - EFR FERROL "B", 3.

A CHOIVA FOI PROTAGONISTA

Partido correspondente a 5ª xornada da fase previa prebenxamín, grupo 3 disputado na tarde do venres ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares, 18 de outubro do 2013

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Marcos, Lucas, Brais, Iker, Isma, David Vilasánchez, Hugo, Sergio Gil (C). Tamén xogaron. Dani, Aketx, Óscar, Axel e Uxía.

Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

EF RACING FERROL "B": Jesús, Javi, Hugo, Olivia, Marcos (C), Iker, Bouza e Martín. Tamén xogaron: Alex, Javi Villar, Jorge, David, Yago e Casas.

Delegado: Iván Balaguer Álvarez.

COLEXIADO: D. Telmo Pérez  Vázquez.

GOLES:

0 - 1 Martín aproveita un mal despexe da defensa numantina para batir a Marcos (minuto 4)

1 - 1 David Vilasánchez anota un golazo lanzando unha falta por toda a escuadra esquerda da portería racinguista (minuto 7).

1 - 2 Iker aproveita un erro na saída do balón do Numancia para batir a Marcos (minuto 10).

2 - 2 Brais, de penalti (minuto 21).

3 - 2 Novamente David Vilasánchez de falta directa (minuto 34).

3 - 3 Gran gol de Marcos de falta directa (minuto 49).

 



RESUMO:

Partido condicionado pola gran cantidade de auga que caeu durante todo ó partido. A choiva propiciou que o terreo de xogo estivera rápido e resbaladizo; e tamén que os nenos (en especial os numantinos) estiveran fríos, desconcentrados e imprecisos durante todo ó encontro.  Pese a esos condicionantes o partido foi entretido para o espectador, con alternativas no marcador e con moita emoción ata o último minuto onde o Racing "B" establecía un empate xusto no marcador, visto os méritos feitos por ambos equipos durante todo o partido.

Neste encontro debutou no Numancia prebenxamín unha nova xogadora, Uxía Allegue. Con ela son xa 19 @s xogado@s que debutaron na competición ligueira co Numancia; cando van disputadas 5 xornadas.

A vindeira fin de semana o Numancia prebenxamín visitará as instalacións de A Gándara en Ferrol para medirse o Racing San Pedro.

Fotos do partido xentileza de Flor Carrasco.

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AÚPA NUMANCIA¡¡¡

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.