Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. G. CARANZA "B", 5 - NUMANCIA, 2.
 
 

PREBENXAMINS. G. CARANZA "B", 5 - NUMANCIA, 2.

DULCE DERROTA EN CARANZA

Partido correspondente a 4ª xornada da fase previa prebenxamín no seu grupo 3 disputado na tarde do venres nas instalacións do campo municipal Javier Gómez Noya en Caranza ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Caranza 11 de outubro de 2013.

ALIÑACIONS

G. CARANZA "B": Iker Valles, Nico, Adrián, Iker Hermida, Martín, Diego, Gael e Pedro (C). Tamén xogaron Gonzalo, Nadir, Jorge, Marcos e Adrián.

Delegado: Juanjo J. Iñíguez Piñeiro.

NUMANCIA: Isma (C), David Allegue, Brais, Aketx, Ángel, David Vilasánchez, Xerar e Hugo. Tamén xogaron: Dani, Iker, Lucas e Sergio Feal.

Instante do Partido G. Caranza "B" - Numancia (11/10/13)Adestrador: Jorge Martínez Varela.

Delegado: José Ramón Hermida Varela.

COLEXIADA: María Jesús Morán Valenzuela. Sen incidencias.

GOLES: Gael, Diego, Nico, Adrián e Gonzalo polo G. Caranza "B". David Vilasánchez e Xerar polo Numancia.

Houbo que esperar na tarde de venres en Caranza porque un partido programado para as 19:00 finalmente comezou as 19:30 por problemas organizativos alleos ó Numancia. Valeu a espera a eterna espera para ver a un Numancia cun xogador de porteiro (un valiente Isma que acepta sempre todos os retos) e con 10 xogadores de primeiro ano e soamente 2 de segundo facer fronte a un dos mellores equipos da categoría prebenxamín; o Galicia de Caranza "B" formado prácticamente por xogadores de segundo ano.

Comezaba o partido con gol do Numancia tras disparar David Vilasánchez dende media distancia sorprendendo o porteiro local no minuto 2 de xogo. Pouco a pouco os locais impoñían o seu físico e maior ritmo para meter en problema os de Ares. Os nosos numantinos non se arrugaron pero tiveron varios despistes que foron castigados con goles. Esos despistes e a falta de acerto nos últimos metros nalgunha ocasión clara de gol propiciou que o resultado ó descanso fora de 3 - 1 favorable o G. Caranza "B".

Na segunda metade o Numancia saiu sin complexos para intentar loitar polo partido. No minuto 24 conseguían os locais o 4 - 1. Rápidamente respostaba un atento Xerar para acurtar distancias e facer o 4 - 2 que devolvía a emoción o marcador. Con este resultado o Numancia arriscou quedando soamente con dous defensas e cun plantexamento moi ofensivo. Non houbo sorte novamente nas ocasións de gol. En cambio os locais si que aproveitaron as súas ocasións e deixaron o resultado final n
Instante do partido G. Caranza "B" - Numancia (11/10/13)o coñecido 5 - 2 favorable os da cidade ferrolá.

En resumo, gran partido dos numantinos que se sobrepuxeron as ausencias e a maior idade, corpulencia e ritmo dos locais para facer fronte e poñer en apuros durante moitos minutos a un dos equipos favoritos a levarse o título absoluto da liga prebenxamín.

Hoxe 10 xogadores de primeiro ano, acompañados de dous dos "maiores" deron unha lección de valentía, coraxe e loita ante uns nenos maiores que eles. Da gusto xogar estos partidos...e porque non dicilo, ata da gusto perderlos. Nestos partidos é donde os rapaces cometen erros, melloran e se fan mellores futbolistas. A esixencia do rival e o mellor método de aprendizaxe no fútbol base.

Aproveitamos esta crónica para mandar un saúdo de parte de todo o equipo a dous xogadores que non poideron participar no partido de hoxe por enfermidades. O xogador de segundo ano Axel por un inoportuno proceso febril e o noso porteiro Marcos cunha lesión cervical non poideron axudar neste partido. Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación a estos dous compañeiros.

A vindeira fin de semana o Numancia prebenxamin recibirá en Prados Vellos o Racing Club De Ferrol "B". Un equipo formado por xogadores de primeiro ano e donde os nosos pequenos poderán competir de igual a igual ante o equipo ferrolá. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.