PREBENXAMINS. NUMANCIA, 5 - EF CABANAS, 2.

UNHA VICTORIA DE EQUIPO

Partido correspondente a 3ª xornada da Fase Previa da Liga Prebenxamín no seu grupo 3 celebrado na tarde do venres no campo de Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares 4 de outubro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Marcos, Ángel, Brais (C), Óscar, Mario, Xerar, Axel, Sergio Feal. Lucas, David Allegue, Mateo, Hugo e Sergio Gil.

Adestrador: Jorge Martínez.

Delegado: Jose Ramón Hermida.

E.F. CABANAS: Juan, Darío, Hugo, Amado, Martín, Samu, Martín, Marcos. Bruno, Jaime, Roi e Pedro.

Adestrador: Francisco Javier Arias Lago.

Delegado: Ángel Otero Feal.

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. (3ª División Nacional). Un luxo para a categoría.

GOLES: Axel (3), Hugo e Ángel para o Numancia e Amado (2) para a EF Cabanas.

 

 

Novo partido para os prebenxamíns. Neste caso os numantinos afrontarían este encontro con dous dos "maiores" acompañados de 11 xogadores de primeiro ano. Enfrente terían a un EF Cabanas de similares características en canto a idade dos participantes.

O partido comezou bastante igualado, tentando o Numancia levar a iniciativa ante un conxunto visitante ben ordenado. Logo de varias ocasións do Numancia chegaría o 1 - 0 por parte de Hugo nunha internada por banda no minuto 15. Pero pouco duraría a ledicia numantina xa que no minuto 19 sería Amado o que conseguiría un auténtico golazo de falta para a EF Cabanas levando o 1 - 1 o marcador. Con este resultado e logo dunha primeira metade competida e igualada chegaba o tempo de descanso.

Na segunda metade o Numancia saía decidido a polo partido e sería un atento Ángel no minuto 27 o que aproveitaba un erro no despexe da defensa dos visitantes conseguindo o 2 - 1. Para dar mais tranquilidade, Axel nos minutos 35 e 40 conseguía o 3 - 1 e tamén o 4 - 1 en dúas xogadas persoais. No minuto 45 acurtaba distancias novamente Amado para o EF Cabanas lanzando outro bo disparo de falta directa que suporía o 4 - 2. Novamente Axel no minuto 48 anotaría o terceiro na súa conta particular e o 5 - 2 definitivo para pechar o resultado final co que se chegaría o término dos 50 minutos regulamentarios.

En resumo, igualado e disputado partido o que nos ofreceron os prebenxamíns de Ares e de Cabanas na tarde do venres en Prados Vellos no que a climatolóxia acompañou os nenos. Despois da tormena chegou á calma, por sorte para os mais pequenos.

Debutou neste partido un novo xogador no Numancia prebenxamín. Óscar Fernández Allegue disputou na tarde do venres o primeiro partido de fútbol da súa vida. ¡¡¡Noraboa Óscar e benvido a famila do Numancia¡¡¡

En definitiva, novo partido e nova aprendizaxe para o Numancia. Van 3 xornadas ligueiras e xa participaron na categoría prebenxamín co Numancia nada mais e nada menos que 18 xogadores; ademais de Gonzalo que xogou o Memorial D. Pedro García en Ares. Polo tanto xa debutaron esta temporada 19 dos 20 xogadores que contan con licencia federativa do Numancia prebenxamíns para este curso que estamos a comezar. Toda unha sorte e unha bendición de rapaces. Anécdoticas as tres primeiras vitorias na Liga; debemos todos saber que a mellor vitoria será ver a evolución dos 20 nenos (mais os que veñan) alá polo mes de xuño. NENOS + Deporte = Equipo e Boa Saúde.

A vindeira fin de semana, o Numancia visitará o líder do grupo. Tocara xogar co Galicia de Caranza "B" un equipo con todos os nenos de 2º ano. Estamos seguro que estos pequenos do Numancia, axudados polos 3 "maiores" farán un bo partido en Caranza para seguir aprendendo e disfrutando co fútbol.

¡¡¡Agardemos o máximo apoio en Caranza a vindeira fin de semana para o Numancia prebenxamín¡¡¡

A seguir disfrutando...

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.