Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS. ORTIGUEIRA, 0 - NUMANCIA, 7.
 
 

PREBENXAMINS. ORTIGUEIRA, 0 - NUMANCIA, 7.

O FÚTBOL IMPÚXOSE Ó FISICO

Partido celebrado no mediodía do sábado no campo de San Claudio en Ortigueira ante numerosos espectadores de ambos equipos.



Ortigueira 28 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

ORTIGUEIRA: Carlos, Joel, Elías (C), Xian, Pablo, Diego, Pablo, Miguel, Álvaro, Kilian e Daniel.

Adestrador: Álvaro Sampayo.

Delegada: Marta Fernández.

NUMANCIA: Marcos, David Allegue, Brais, Aketx, Ángel, David Vilasánchez (C), Hugo, Sergio Feal, Dani, Iker, Isma e Sergio Gil.

Adestrador: Jorge Martínez.

Delegado: José Ramón Hermida.

COLEXIADO: Alberto Piñón. Sen incidencias.

GOLES: David Vilasánchez (2), Hugo (2), Aketx, Isma e Sergio Feal.

Tocaba a viaxe mais longa da temporada para o Numancia. A primeira hora do sábado partía a familia do Numancia prebenxamín cara Ortigueira onde serían excelentemente recibidos e tratados polo persoal do Ortigueira CF. En San Claudio agardaba un equipo local novo na categoría; que apenas leva adestrando un mes; pero que conta nas súas filas con xogadores maioritariamente de segundo ano. Neste partido o Numancia soamente contaba con dous xogadores dos "maiores", polo que os numantinos necesitaban facer un bo fútbol e mover o balón con rapidez para contrarrestar a superioridade física e de forza dos locais.

Instante do partido de prebenxamíns Ortigueira - Numancia (28/09/13)
Nos primeiros minutos costáballe o Numancia adaptarse a situación pero por sorte David Vilasánchez anotaba no minuto cinco o 0 - 1. Para dar mais tranquilidade o xogo numantino, novamente David de córner directo conseguía o 0 - 2 no minuto 14. Chegarían os mellores minutos dos numantinos no último tramo da primeira metade. Con bo xogo colectivo e velocidade Hugo por dúas veces e Sergio Feal conseguían que o resultado ó descanso fora de 0 - 5 favorable ó Numancia.

Na segunda metade, xa con todo decidido moitas rotacións no equipo numantino chegando a estar algúns minutos sobre o campo un equipo completamente de primeiro ano. Os contínuos cambios, a orde dende o banquillo de non presionar en exceso os compañeiros do Ortigueira e as probas de posicións na segunda metade mermaron algo ós numantinos. Aínda así Aketx e Isma conseguían dous novos goles que deixaban o marcador final no 0 - 7.

En resumo, novo partido que serviu para que 4 novos xogadores do Numancia debutaran na categoría prebenxamín (e aínda quedan mais...). Serviu tamén que a diferencia de idade non sempre é determinante. Seguramente son mais importantes os anos de fútbol que xa acumulan estos pequenos rapaces numantinos. A progresión permite derrotar a rivais con mais idade pero con menos experiencia. Importante detalle. Aproveitamos tamén o encontro para coñecer un novo campo, San Claudio, e un novo lugar; Ortigueira onde reiteramos o bo trato que tivemos durante toda a xornada.

A vindeira semana, o Numancia prebenxamín recibirá o venres ás 17:00 a Escola de Fútbol de Cabañas para seguir sumando minutos, nenos e aprendixaxe. ¡¡¡Non faltedes¡¡¡

¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Instante do partido de prebenxamíns Ortigueira - Numancia (28/09/13)Instante do partido de prebenxamíns Ortigueira - Numancia (28/09/13)

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.