PREBENXAMINS. NUMANCIA, 7 - MIÑO, 2.

BONITO DEBUT NA CATEGORÍA

Partido correspondente a 1ª xornada da fase previa da Liga Prebenxamín Grupo 3 disputado na tarde do venres en Prados Vellos ante numerosos espectadores de ambos equipos.


Ares, 20 de setembro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Marcos (C), Dani, Brais, Aketx, Mateo, David Vilasánchez, Axel, Hugo. Tamén xogaron: Lucas, Iker, Isma, Xerar e Mario.

Adestrador: Jorge Martínez.

Delegado: Jose Ramón Hermida.

AD MIÑO: Roberto, Alex (C), Ricardo, Víctor, Antón, Hugo, Noel e Xoel. Tamén xogaron: Adrián, Samuel, Juan e Javi.

Adestrador: Miguel Villadónica.

Delegado: Francisco Salido

ARBITRO: Miguel Ángel Pena Landeira. Amoestou o adestador visitante, Miguel.

GOLES: Isma (3), Xerar (2), David Vilasánchez e Lucas para o Numancia. Para o Miño anotou Javi (2).

 



Un Numancia prebenxamín numeroso (20 xogadores... e subindo...) e moi renovado (15 xogadores de primeiro ano procedentes dos biberóns) debuta nunha nova aventura chamada Liga Prebexamín despois da primera toma de contacto coa nova categoria no Memorial D. Pedro García da pasada fin de semana. Recibían os numantinos a visita do Miño para inaguar a competición.

Bo comezo do Numancia con ocasiós e con premio no minuto 8 por medio dun gol de falta de David Vilasánchez. Seguía o dominio numantino e Xerar de xogada persoal conseguía o 2 - 0 no minuto 16. En plena evolución dos numantinos era Lucas o que se incorporaba ó ataque para finalizar cun bo remate unha xogada ofensiva dos numantinos que suporía o 3 - 0 no minuto 22. E para pechar uns 25 minutos de gran xogo e intensidade deste novo Numancia prebenxamín era Isma o que aproveitaba unha boa asistencia de Xerar para conseguir o 4 - 0 ;resultado co que se chegaba o tempo de descanso.

Na segunda metade saíu mais metido ó Miño que asediou os numantinos e conseguiu o 4 - 1 no minuto 29. Intentaron os visitantes meterse no encontro pero a boa defensa numantina axudada polo porteiro Marcos impediron que o Miño crease mais incertidume no marcador. Co equipo visitante volcado sobre a portería de Marcos, apareceu a velocidade e os contraataques numantinos. Xerar no minuto 40 conseguía o 5 - 1 tras un gran pase de Isma. Conseguía o Miño no 45 o 5 - 2; pero rápidamente os numantinos conseguían dous goles mais por medio de Isma para deixar o marcador no definitivo 7 - 2 favorable os de Ares.

En resumo, bo partido do Numancia cunha primeira metade para enmarcar. Estaban deseosos os nenos de debutar oficialmente na categoría e agasalláronnos cuns 25 primeiros minutos preciosos. Na segunda metade os de Ares souberon sufrir e agardar o mellor momento para pechar o partido.

En definitiva, primeira pedra dun longo traballo de aprendixaxe, formación e adaptación a unha nova categoría; na que en moitos partidos o Numancia partirá cunha clara desvantaxe física. Non pasa nada. As idades están para algo; e a de 6-7 está reservada para que os nenos aprendan, disfruten, se formen, participen.... sen importar en demasía o resultado.... ¡¡¡Asi será durante toda a temporada¡¡¡

Próxima parada.... Ortigueira. Toca viaxar e ver mundo para visitar o campo de San Claudio na mañá do sábado. ¡¡¡A seguir disfrutando¡¡¡

NINGUNA MEDALLA VALE LA SALUD DE UN NIÑO

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.