Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. EFR FERROL "C", 1 - NUMANCIA, 8.
 
 

PREBENXAMÍNS. EFR FERROL "C", 1 - NUMANCIA, 8.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2012-2013. EFR Ferrol VITORIA PARA REMATAR A LIGA.

Partido correspondente a decimo oitava xornada de liga local prebenxamín no seu grupo segundo, disputado no campo de A Malata entre os equipos da EFR Ferrol “C” e o Numancia, que rematou con vitoria visitante por 1 – 8. A o descanso o resultado era de 0 – 3.

 

 

 

A Malata (Ferrol) 27 de abril de 2013

 

ALIÑACIONS

EFR FERROL “C”: Vasile, Lucas Castro, Jaime, Carlos, Ángel Deza, Martín, Ángel Lourido, David (C), Bruno, Javier e Lucas Martínez.

Delegado: Alberto Alejandro Durán Morais.

NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Marquitos, Carlos, Iván (C), Juan, Xerar, Brais, David López, David Vilasánchez e Hugo.

Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

COLEXIADO: Mayo Arno.

GOLES: Carlos para a EFR. Ferrol “C”, e Marquitos (4), Manu (2), Xerar e Jaime (PP) para o Numancia.

Partido de trámite para os prebenxamíns do Numancia fronte á EFR Ferrol "C" e A Malata, posto que os de Ares xa resolveran o campionato ao proclamarse campións de grupo hai dúas semanas.

Traxectoria impoluta dos pupilos de Genete e Kiko. Despois de dezaseis xornadas disputadas, con dezaseis plenos (48 puntos), cento doce goles a favor e dezaseis en contra, é o balance dos prebenxamíns nesta segunda fase da liga.

Agora toca a copa "II Torneo Delegación de Ferrol", que se disputará o próximo fin de semana, 4 e 5 de maio, nas instalacións de O Beco (Cedeira). Ata alí desprazásense os nosos campións para enfrontarse ao Eume e Perlio na fase previa o sábado día 4. Sorte.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.