PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 4 - PORTUARIOS, 2.

CAMPIÓNS DE GRUPO

A falta de tres xornadas, o equipo pre-benxamín de Numancia de Ares proclamouse esta mañá en Prados Vellos campión do grupo segundo da liga local. Despois de quince xornadas disputadas, e cun pleno de vitorias, aos de Ares abondáballes o empate para proclamarse matemáticamente campións. Ao descaso o resultado era de 1 - 2. Finalmente os de Ares impuxéronse por 4 - 2.


Antes de dar comezo ao partido tivo lugar un acto enmarcado dentro da xornada antiviolencia decretada pola Delegación de Fútbol de Ferrol, co apoio unánime de todos os clubs da bisbarra. O acto consistiu na saída dos xogadores ao campo co árbitro á cabeza, posteriormente cada xogador fixo entrega dunha “carta e unha cartolina antiviolencia” aos seus pais ou persoa que os acompañase. Unha vez feita a entrega comezouse o partido.

Prados Vellos 06 de abril de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Juan, Aaron, Marcos Rey, Carlos, Manu, Brais, Marquitos, Xerar, Miguel, David, Iván e Hugo.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

PORTUARIOS: Diego, Isra, Manuel, Antón (C), Fonso, Tomás, Bachir, Sergio, David e Alex.
Delegado: Antonio Baliño Vázquez.

COLEXIADO: Francisco Pita Lorenzo.

GOLES:

1 - 0: min. 5, saque de esquina dos de Ares que rexeita a defensa visitante, o balón chega a Marquitos que co seu disparo supera o porteiro por arriba.

1 - 1: min. 16, internada por banda dereita de Bachir ata o lateral da área quen bate a Juan de disparo cruzado.

1 - 2: min. 23, disparo a porta que rexeita Juan, o rexeitamento chega a Bachir que marca de disparo raso.

2 - 2: min. 35, forte disparo bombeado de Manu dende o centro do campo, o porteiro ferrolano non é capaz de atallar e Marquitos moi atento botaselle enriba e mete o pé para empatar o partido.

3 - 2: min. 37, xogada por banda con centro chut de David que dá nun defensa, o balón rebotado chega a Marquitos que a cruza ao pau contrario.

4 - 2: min. 40, condución de balón de Marquitos que aos tropezóns se coa entre os defensas para de disparo raso marcar o cuarto.

 



Partido no que a presión puido cos aresanos, sobre todo na primeira metade. Víase que os rapaces non estaban cómodos ante un Portuarios que vendeu cara a súa derrota, pois os ferrolanos viñeron a xogar un partido sen concesións.

Na primeira metade reinou a igualdade entre ambos os dous equipos, pero os erros dos aresanos polo nerviosismo da posible fazaña de entrar na historia do club, deu algunhas concesións ao rival que non desaproveitaron. Serían os aresanos os que se adiantarían no marcador aos poucos minutos do inicio, pero os ferrolanos non lle perderon a cara ao partido e por medio de Bachir, o seu xogador máis desequilibrante, conseguirían irse ao descanso por diante no marcador.

Na segunda parte os de Ares saíron con outra actitude e máis metidos no partido, isto permitiulles nos dez primeiros minutos dispoñer de boas ocasións, pero que non materializaron. Unha vez alcadado o empate polos de Ares, reinou un pouco máis de tranquilidade, e sen tanto desasosego, en pouco máis de cinco minutos déronlle a volta ao partido e marcaron o gol definitivo que mataba o partido e daballes o título de campións de grupo.

Dende aquí queremos dar a nosa máis efusiva felicitación a todos os xogadores e ao corpo técnico do equipo pre-benxamín pola xesta alcanza na presente tempada. Parabéns rapaces, agora a gozar do que resta de capionato, éste xa e historia. Os deberes xa están finalizados cun máis que merecido sobresaínte.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.