Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. SAN SADURNIÑO, 0 - NUMANCIA, 1.
 
 

PREBENXAMÍNS. SAN SADURNIÑO, 0 - NUMANCIA, 1.

HOUBO QUE SUFRIR ATA O FINAL.

Partido corespondente a 14ª xornada de liga prebenxamín local no seu grupo segundo disputado en A Piscina entre o San Sadurniño e o Numancia que rematou con vitoria do conxunto aresán por 0 – 1. Ao descaso o resultado era de empate a ceros.


San Sadurniño 23 de marzo de 2013.

ALIÑACIONS

SAN SADURNIÑO: Noel (C), Adrián Pico, Adrián Fernández, Hugo Pita, Brais, Bruno, Hugo Silva, Daniel, Sergio, Iker e Rubén.
Adestrador: Roberto Miguel González Romero.
Delegado: Roberto Pita Pena.

NUMANCIA: Iván, Manu (C), Marcos Rey, Axel, Marquitos, Carlos, Brais, Aarón, David.
Adestrador: Eugenio Margharetto Rodríguez.
Delegado: Francisco Iglesias Pena.

COLEXIADO: Miguel A. Piñón López.

GOLES:

0 – 1: Marquitos (min. 41).

 

 

COMENTARIO

Baixo mínimos presentábase o equipo de prebenxamíns do Numnancia na Piscina para enfrontarse ao San Sadurniño. As baixas de última hora non deixaron marxe de reacción ao corpo técnico que tivo que viaxar co que había. Unha magoa, podendo evitarse estas situacións.

O partido foi moi igualado e de moita tensión deportiva pola importancia do enfrontamento. No terreo de xogo primeiro (Numancia) e segundo clasificado (San Sadurniño), separados tan só por seis puntos. O Sansa necesitaba imperiosamente a vitoria para manter as súas opcións de cara á clasificación final. E o Numancia cos tres puntos prácticamente sentenciaba a liga. Finamente e despois de toda a tensión, nervios e ánimos do público, un gol de Marquitos decantaba a vitoria a favor dos de Ares no partido máis vibrante de toda a tempada. Noraboa rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.