PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 11 - EFR FERROL "C", 2.
MOITA DIFERENCIA ENTRE OS DOUS EQUIPOS
Partido correspondente á novena xornada de liga disputado o venres nunha apracible tarde para a práctica do fútbol. Ao descaso o marcador reflectía un resultado de 5 - 0.
Prados Vellos 16 de febreiro de 2013.
ALIÑACIONS
NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Maquitos, Carlos, Iván, Juan, Brais (C), David López, Aarón, David Vilasánchez e Hugo.
Adestrador: Eugenio Margharetto.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias.
EFR FERROL “C”: Vasile, Blanca, David (C), Carlos, Ángel, Bruno, Martín, Pablo, Jaime, Javier e Lucas.
Adestrador: Alberto Durán.
COLEXIADO: Cristian Vidal Bouza.
GOLES:
Numancia: Marquitos (3), Iván (2), Manu (2), David Vilasánchez, Hugo e David López.
EFR Ferrol “C”: Javier, Bruno e Blanca (p.p.).
Antes de dar comezo ao partido gardouse un minuto de silencio pola tráxica morte de Saúl García, compañeiro e futbolista do Club Deportivo As Pontes e que militaba na categoría de prebenxamíns.
Deseguido daría comezo o choque no que o equipo da casa faríase co control dende o seu comezo reflectíndose no marcador cun resultado ao final da primeira metade de 5 - 0.
A segunda metade sería un calco da primeira, dominio e goles do conxunto local, aínda que nesta ocasión o equipo ferrolano lograría bater a meta aresana en dúas ocasións. Ao final do partido Numancia 11 - EFR Ferrol "C" 2.