PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 3 - SAN SADURNIÑO, 2.

OS DE ARES PERDOARON EN DEMASÍA.

Partido correspondente á 5ª xornada de liga e aprazado no seu día ao non se poder disputar por mor do temporal. Ao descanso o resultado era de 1 - 1. Ao final do partido 3 - 2.


Prados Vellos 11 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel (C), Aarón, Carlos, Marcos Rey, Manu, Davicito, Brais, Axel, Hugo, Xerar, Marquitos e Iván.
Adestrador: Eugenio Margharetto.
Delegado: Francisco Manuel Iglesias.

SAN SADURNIÑO: Noel (C), Rubén, Iker, Sergio, Dani, Hugo, Brais, Bruno, Adrián, Fabián e Jesús.
Adestrador: Roberto Miguel González.
Delegado: David Penedo.

COLEXIADO: Martín Zakaryan.

GOLES:

0 - 1: min. 15, saque de esquina do Sansa, en primeira instancia rexeita a defensa local en curto, o rexeitamento chega a Hugo que anota para os visitantes.

1 - 1: min. 22, Manu de forte disparo dende fóra da área.

2 - 1: min. 28, Aarón dende fóra da área ao aproveitar un rexeitamento local á saída dun córner.

3 - 1: min. 31. Davicito de disparo bobeado dende a frontal da área.

3 - 2: min. 45. Balón en profundidade que gaña as costas da defensa aresana, Fabián chega antes que a zaga local e supera a saída do porteiro por alto.

 

 



Primeira metade con claro dominio territorial do conxunto local pero con pouca profundidade, e nas ocasións claras das que dispuxeron os dianteiros aresanos non estiveron acertados. Malia ese dominio sería o conxunto do Sansa o que se adiantaría no marcador despois dun saque de esquina. Sete minutos despois empatarían os de Ares por medio de Manu facéndose xustiza ao que se estaba a ver no terreo de xogo. Nos últimos minutos da primeira parte o Sansa estivo algo máis ofensivo dispoñendo dalgunhas aproximacións á área local. Finalmente o marcador non se movería indo o descanso con empate a un gol.

Na reanudación do partido foron os de Ares os que tomaron a iniciativa dispoñendo de varios saques de esquina consecutivos. Nun deles o balón sae rexeitado e Aarón anota para os locais. Os de Ares continuaban a ter o control do partido e tres minutos despois do segundo tanto, Davicito anota o terceiro de disparo bombeado dende o bordo da área. A presión que o Numancia exercía sobre a saída do rival propiciáballe moitos roubos de balón no centro do campo pero os de Ares fallaban nas definicións. Destacar as intervencións do gardameta visitante que abortou algunha boa ocasión numantina. No último tramo do partido o Sansa veuse arriba e logrou acurtar distancias, gozándose duns últimos minutos de tensión e nervios polo apertado do marcador. Finalmente este permanecería inamovible no 3 - 2 definitivo.

Con esta vitoria, sete de sete, os de Ares continúan primeiro de grupo e collen un colchón de cinco puntos con respecto ao segundo clasificado, o G. de Caranza B.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.