Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. CEDEIRA "B", 0 - NUMANCIA, 6
 
 

PREBENXAMÍNS. CEDEIRA "B", 0 - NUMANCIA, 6

BO XOGO O AMOSADO POLOS DE ARES

Partido correspondente á oitava xornada de liga prebenxamín local no seu grupo 2º e na que o Numancia se desprazaba ata Cedeira para enfrontarse ao conxunto local nas instalacións de O Beco. Partido que no descanso reflectía un marcador de 0 - 4. Ao final do partido 0 - 6 a favor dos de Ares.


Cedeira 8 de febreiro de 2013.

ALIÑACIONS

CEDEIRA: Lois, Lucía, David (C), Ángel, Mateo, Xabier, Adrián, Antón, Brais e Sara.
Delegado: Antonio Javier Rodríguez.

NUMANCIA: Miguel, Aarón, Marcos Rey, Carlos, Manu (C), Davicito, Marquitos, Hugo, Juan, Xerar e David.
Adestrador: Eugenio Margharetto.
Delegado: Francisco Iglesias.

COLEXIADO: Brais Ferreiro Verez.

GOLES:

0 – 1. Manu (min. 13).

0 – 2: Marquitos (min. 18).

0 – 3: Marquitos (min. 19).

0 – 4: Marcos Rey (min. 23).

0 – 5: Marquitos (min. 36).

0 – 6: Marquitos (min. 50).

Comezaba o partido con dominio do Numancia pero sen concretar ocasións, pero pouco tardarían os de Ares en impoñer o seu xogo xa que pasados os primeiros minutos lograrían transformar unhas das súas ocasións en gol. De aquí ata o final da primeira parte seria unha tónica constante de dominio e ocasións dos aresanos o cal se reflectiría no final da primeira parte cun cero a catro ao seu favor.

Xa na segunda parte aumentaría o dominio e as ocasións numantinas transformado en gol duas delas o cal deixaría o marcador cun resultado final de cero a seis.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.