Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - G. CARANZA "D", 0.
 
 

PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 6 - G. CARANZA "D", 0.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2012-2013. Numancia 6 - G. Caranza OS DE ARES Á FRONTE DA CLASIFICACIÓN

Partido correspondente á segunda xornada de liga prebenxamín que se saldou con clara vitoria do conxunto aresáno. Ao descanso o resultado era de 1 - 0 a favor dos locais.

Prados Vellos 15 de decembro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Manu, Aarón, Marcos Rey, Axel, Marquitos, Carlos, Xerar, Juan, Brais e David

G. CARANZA “D”: Aarón, Juan, Saúl, Iago, Álvaro, Marcos, Yeray, Samuel, Martín, Carlos, Sergio, Ángel e Adrián.

COLEXIADO: Juan Alberto Piñón López.

GOLES:

1 – 0: Marquitos
2 – 0: Brais.
3 – 0: Brais.
4 – 0: Axel.
5 – 0: Aarón.
6 – 0: Marquitos.

Partido de principio a fin totalmente pasado por auga, en ocasións con fortes chuvascos, nunha mañá moi desapracible para o fútbol. Malia as adversidades climatolóxicas os rapaces aguantaron estoicamente e gozaron dun partido no que en ocasións tiveron algunhas dificultades co desprazamento do balón debido á auga acumulada.

O partido foi de claro dominio do conxunto local, nunha primeira metade de bastantes desacertos e falta de definición nos metros decisivos, en parte debido á boa actuación do gardameta ferrolano. Na segunda parte os de Ares estiveron máis acertados e decantaron con claridade o partido no seu favor.

Con esta vitoria ante o conxunto ferrolano os pupilos de Genete colócanse primeiros na táboa clasificatoria.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.