Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. ANIMAS, 2 - NUMANCIA, 6.
 
 

PREBENXAMÍNS. ANIMAS, 2 - NUMANCIA, 6.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2012-2013. Animas 2 - Numancia 6. A Gándara 16/11/12.MERECIDA E TRABALLADA VITORIA PARA DESPEDIR FASE DE GRUPO

Partido correspondente á 8ª xornada da fase de clasificación que se saldou con clara vitoria dos de Ares. Ao descanso chegouse con empate a un tanto.

A Gándara 16 de novembro de 2012.

ALIÑACIONS:

ANIMAS: Xende, Daniel, Gabriel, Pablo, Marko, Álvaro, Lúcas, Adrián, David, Alexandra, David e Joel.

NUMANCIA: Miguel, Aaron, Marcos Rey, Carlitos, Manu, David, Davizito, Marquitos, Juan, Xerar, Hugo e Axel.

GOLES:

1 – 0: David.
1 – 1: Marquitos.
2 – 1: Pablo.
2 – 2: Axel.
2 – 3: Marquitos.
2 – 4: Marquitos.
2 – 5: Marquitos.
2 – 6: Manu.

Xogabase o último partido da fase de grupo para os de Ares, xa que na vindeira semana e ultima de campionato, os numantinos terán xornada de descanso.

Nesta ocasión habería que desprazarse ata A Gándara para enfrontarse o Ánimas. No referente o partido, na primeira parte chegariase cun incerto un a un o descanso, e ainda que o partido fora disputado serían varias as ocasións nas que o Numancia non lograría materializar para irse cunha maior renda o descanso.

Xa na segunda metade habería un cambio total no equipo aresán, e ainda que Animas lograba adiantarse e porse cun 2 – 1, o gran traballo e sacrificio por parte dos de Ares deixaria un marcador definitivo de dous a seis que puido ser máis abultado por ocasións e xogo. Por parte dos dous adestradores Genete e Kiko agradecerlle a os nenos a seu compromiso, complicidade e esforzo nesta primeira fase e invitalos a seguir mellorando e progresando para a segunda fase.

Moitas grazas campións.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.