Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - EFR FERROL "B", 3.
 
 

PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - EFR FERROL "B", 3.

ADR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2012-2013. Numancia 2 - EFR Ferrol FALTOU ACERTO NAS XOGADAS CLAVE.

Partido moi igualado que rematou con vitoria do conxunto ferrolán sobre o asubío final.

 


Prados Vellos 27 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS

NUMANCIA: Miguel, Manu, Marcos Rey, Axel, Marcos, José Carlos, Xerar, Brais, David López, Aarón e David Vilasánchez.

EFR FERROL “B”: Marcos, Pedro, Meribib, Anxo, Martín, Cristóbal, Hugo, Pablo, Julián, Miguel e Sergio.

COLEXIADO: Tomás Lorenzo Castro.

GOLES:

1 – 0: Marcos (min. 18).
1 – 1: Cristóbal (min. 20).
1 – 2: Meribib (min. 30).
2 – 2: Marcos (min. 35).
2 – 3: Meribid (min 39).

 

 



Partido moi igualado e moi competido entre dous equipos parellos que loitaron minuto a minuto por alzarse coa vitoria final. Na primeira metade habería que esperar ata os últimos minutos para ver os goles. O primeiro sería obra de Marcos no minuto dezaoito de partido quen adiantaba aos de Ares, E cando todo presaxiaba que os locais iríanse con este resultado ao descanso, un gol de Cristóbal á saída dun córner no minuto vinte igualaba a contenda.

Na segunda metade serían os ferroláns os que se porían por diante no marcador aos dez minutos da continuación por medio de Meribid. Pero cinco minutos máis tarde de novo Marcos empataba o choque. Despois do empate os de Ares disporían de tres grandes ocasións para marcar que non aproveitaría, e que finalmente acabarían pagando, pois sobre o asubío final un penalti cometido polos de Ares e transformado por Meribid daba a vitoria aos ferroláns.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.