PREBENXAMINS. NUMANCIA, 4 - NARON "B", 0.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2011-2012. Numancia 4 - Narón VITORIA TRABALLADA

Partido correspondente a xornada 26ª, que se saldou con vitoria do equipo aresán e co que se pon fin ao vixente campionato de liga.


Ares 27 de abril de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Martina, Marcos Rey. Iván, Marcos Margharetto, Carlos Varela, Raúl, Diego, Jonatan, Sergio e Oscar.

NARON “B”: David, Yago, Brais, Hugo, Iker Chuecos, Adrián, Iker Buceta, Mario, Sergio Vila, Sergio Cuende, Iker Novoa, Kevin e Alejandro.

COLEXIADO: Alejandro Miño Pico.

GOLES:

1 – 0: (min. 7), Oscar de libre directo.
2 – 0: (min. 27), córner a favor do Numancia, a defensa non dá quitado o balón, Diego mete a bota e aproveita para enviar o fondo da rede.
3 – 0: (min. 32), Oscar de libre directo.
4 – 0: (min. 33), balón en profundidade ás costas da defensa visitante co que se fai Carlos Varela, encara nun man a man a David e crúza o balón para facer subir o cuarto ao marcador aresán.

Partido trabado para os de Ares que aínda que dominaron territorialmente e tiveron a posesión do balón non lles resultou nada doado penetrar na área rival. A acumulación de xogadores na área, froito do empuxe do conxunto aresán facía moi difícil traspasar as liñas defensivas do Narón o que propiciaba non chegar cos balóns controlados á zona de tiro. Houbo que recorrer ás xogadas a balón parado e así chegarían tres dos goles numantinos. O cuarto e definido viría precedido dunha xogada combinativa

Con este partido dáse por finalizado o vixente campionato de liga 2011 – 2012. A continuación xogarase o "I Torneo Delegación de Ferrol" que se celebrará no campo municipal de Neda ao longo dos días 17 e 18 de maio. Previamente o mércores 2 de maio, na Delegación de Fútbol de Ferrol, terá lugar o sorteo de grupos do que daremos cumprida información na nosa WEB.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.