PREBENXAMÍNS: G. CARANZA "C", 4 - NUMANCIA, 0.
BOA SEGUNDA PARTE A PESAR DA FALTA DE ACERTO
Partido correspondente á décimo novena xornada do campionato de liga, xogado na tarde do venres nas instalacións de Caranza.
Caranza 2 de marzo de 2012.
Xogaron por parte do Numancia: Miguel, Oscar, Diego, Lucas, Martina, Manu, Marcos Margharetto, Ivan, Chechu, Raul e Carlos.
Comezou o partido co equipo local mellor plantado que o visitante o cal daríalle o seu froito aos cinco minutos marcando o un a cero. Seguiría o dominio local durante toda a primeira metade chegando ao final da mesma cun resultado de tres a cero.
Xa na segunda parte cambian as tornas e sería o Numancia o que disporía de multitude de ocasións sen que estas se traducisen en gol, unhas veces polo bo facer do porteiro e outras por falta de definición ou acerto, sendo o Caranza nunha contra quen marcase outro gol que deixaría o marcador cun concluínte catro a cero. Resultado que non faría reflexo ao que se viu no campo pero como di o dito "O FUTBOL É ASI", xa que sería unha parte para cada equipo. Pero no fútbol mandan os goles e quen máis goles meteu esta vez foi o equipo contrario, e só queda felicitalo, e esperar ao seguinte partido para intentar facelo un pouquiño mellor.