PREBENXAMÍNS. NUMANCIA 6 - R. SAN PEDRO "B" 0.

Numancia de Ares ADR. Prebenxamíns 2011-2012. Numancia 6 - R. San Pedro 0. Prados Vellos 25/2/12VITORIA LOCAL SEN APENAS OPOSICION

Victoria contundente do Numancia ante un frouxo R. San Pedro "B" en partido correspondente á décimo oitava xornada de liga, celebrado en Prados Vellos nunha soleada e apracible mañá.


Ares 25 de febreiro de 2012.

ALINIACIONS:

NUMANCIA: Miguel, Oscar, Manu, Raúl, Lucas, Martina, Iván e Marcos Margharetto. Ao longo do encontro tamén xogaron: Diego, Marcos Rey e Chechu.

R. SAN PEDRO “B”: Felipe, Nicolás, Iván, David, Mohame, Santi, Ignacio e Chisco. Ao longo do encontro tamén xogou: Diego.

COLEXIADO: José M. Santos Mato.

GOLES: Oscar (2), Diego (2), Iván e Marcos Rey.

Vitoria contundente dos pupilos de Genete e Kiko ante un R. San Pedro minguado de efectivos, o que lles pasou factura na segunda metade. Na primeira metade aguantou ben o conxunto visitante malia o dominio do Numancia que era quen levaba o peso do partido pero que non chegaba con claridade á área do San Pedro. Os de Ares iríanse ao descanso con vantaxe de 2 - 0, goles materializados por Iván e Marcos Rei.

Na segunda metade o cansazo pasou factura aos visitantes e os goles foron caendo un tras outro do lado aresán, nun segundo período no que o porteiro local exerceu de espectador. Os goles numantinos na segunda parte foron materializados por Oscar e Diego, ambos os dous por partida dobre.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.