Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. R. FERROL B, 1 - NUMANCIA, 4
 
 

PREBENXAMÍNS. R. FERROL B, 1 - NUMANCIA, 4

REGRESAN AS VITORIAS
Os aresáns decidiron o partido na segunda parte

Ares, 18 de febreiro de 2012
Partido correspondente á décimo sétima xornada de liga do primeiro grupo de prebenxamíns, disputado na Malata.

A aliñación visitante foi a seguinte:

NUMANCIA: Miguel, Marcos Rey, Diego, Iván, Carlos, Marcos Margaretto, Martín, Lucas, Jaime, Jonatan, Sergio e Óscar


GOLES: Lucas, Jaime (2) e Marcos Margaretto

COMENTARIO: Empezou o partido e o Numancia xa conseguiu o primeiro tanto; aos cinco minutos chegou o segundo gol pero reduciu distancias o R. Ferrol B aos quince minutos. Había certa igualdade nesta primeira parte, sen crear ocasións claras ningún dos dous equipos .
Nos segundos vinte minutos, o Numancia ofreceu outra cara, dominando o xogo e creando ocasións que levaron o marcador aos catro goles con que finalizou este partido. De non ser polo porteiro ferrolán, o resultado sería outro, moito máis amplo.
Con esta vitoria os prebenxamíns numantinos retoman a senda do triunfo, unha vez pasado o tren de cabeza, eses tres equipos que lideran o grupo.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.