Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NARON "B", 1 - NUMANCIA, 5.
 
 

PREBENXAMÍNS. NARON "B", 1 - NUMANCIA, 5.

ADR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2011-2012. Narón MÁIS GOLES QUE FUTBOL

Décimo terceira xornada de liga prebenxamín na que o conxunto aresán impuxose con claridade ante o Narón "B" en Piñeiros.

O Cadaval 20 de xaneiro de 2012.

NUMANCIA: Martina, Carlos, Oscar, Raúl, Lucas, Marcos Rey, Iván, Marcos Margharetto, Chechu, Manu, Jonatan e Diego.

GOLES:
0 – 1: Iván.
0 – 2: Diego.
0 – 3: Manu.
0 – 4: Diego
0 – 5: Lucas.
1 – 5: Iker.

Partido no que os de Ares serían superiores ao rival durante todo o encontro, nun partido no que se viu pouco fútbol e cun xogo bastante embarullado. Chegaríase ao final da primeira metade cun 0 - 2 a favor do Numancia. Un resultado algo curto dadas as ocasións das que dispuxeron os aresanos, pero estiveron desacertados de cara a portaría. Xa na segunda metade, tres goles máis dos numantinos finiquitarían o partido. Ao final do encontro o cadro local marcaría o gol da honra nun lanzamento de falta con grande acerto por parte de Iker, deixando o marcador nun claro 1 - 5 a favor do Numancia.
Noraboa rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.