Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. ANIMAS, 5 - NUMANCIA, 0.
 
 

PREBENXAMÍNS. ANIMAS, 5 - NUMANCIA, 0.

ADR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2011-2012. Animas 5 - Numancia 0. A Gándara - 4. 16/12/11.SOBROU A PRIMEIRA METADE.

Partido correspondente á undécima xornada de liga na que o conxunto do Ánimas se impuxo ao Numancia por cinco tantos a cero. Ao descanso o marcador reflectía un 3 - 0 a favor dos ferrolans.

A Gándara 16 de decembro de 2011.

Xogaron por parte do Numancia: Miguel, Manu, Diego, Raúl, Lucas, Carlos, Jaime, Martina, Martín, Iván, Chechu e Jonatan.

Dende o asubío inicial de comezo do partido o conxunto do Ánimas faríase dono do terreo de xogo e dominaría territorialmente a primeira metade, aínda que non en ocasións de gol. En tres xogadas fatídicas, dous córneres e unha falta, terían os de Ares a mala fortuna de marcar en propia porta os tres tantos cos que se chegaría ao descanso o cal non xustificaría a superioridade do equipo local. Na segunda parte as cousas estarían moito máis igualadas, coa diferenza que o equipo ferrolano transformaría dúas das ocasións que tivo e o Numancia non sería capaz de materializar ningunha das que dispuxo. Ao final do encontro cinco a cero a favor do Ánimas nun partido no que sería superior. Pero como di o dito “O FUTBOL É ASI”, hay uns días mellores que outros, e a derrota non desempaña para nada o gran labor realizado polos rapaces.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.