Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMINS: NUMANCIA, 9 – CEDEIRA, 6
 
 

PREBENXAMINS: NUMANCIA, 9 – CEDEIRA, 6

Partido tolo en Prados Vellos

Luns, 9 de marzo de 2009


César


ALINEACION: Eirik; Saúl; Diego, Fran, Ivan; Martín y Víctor. Cambios: Stefan e Ole.

 

GOLES: Martín (5), Saúl (1), Fran (1), Víctor (2)


COMENTARIO: Na tarde do luns, xogábase o primeiro dos partidos aprazados polo temporal, enfrontábanse o Numancia de Ares e o Cedeira en Ares, no Prados Vellos, un partido con moitos goles.

Ao pouco de comezar, adiantouse o Cedeira nunha xogada con moitos erros na defensa dos aresáns, e o 0-1 manteríase boa parte da primeira metade, ata que Fran marcou nunha xogada de saque de esquina, no que é posible que tocara o balón coa man; e rapidamente nunha boa xogadas o Numancia adiantouse por dous veces no marcador, e púxose 3-1, pero na xogada de saque de centro, o Cedeira voltou marcar e logrou un 3-2, que durou ben pouco, con dous goles máis, un para cada equipo, e chegouse ao descanso cun 4-3 que deixaba todo por xogar na segunda parte. Nesta, cun bo xogo dos dianteiros locais, Martín e Víctor, pero novamente moitos erros cando lle tocaba defender ao equipo, fixeron que o partido tivese alternancia no marcador ata os minutos finais no que, co partido roto, o Numancia de Ares sentenciou o partido ata un total de 9-6, destacando o gol acadado na primeira parte nunha xogada de esquina de todo o equipo, e os momentos de xogo de equipo desplegado no ataque, e resaltar os despistes a mellorar no apartado defensivo.

Ao final nunha tarde tranquila os nenos/as fóronse aos vestiarios charlando entre eles, e facendo novos/as amigos/as.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.