PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - EUME, 1

BONITO PARTIDO EN PRADOS VELLOS

O Numancia xa vencía por tres goles a cero no descanso.

Ares, 26 de novembro de 2011

Partido correspondente á oitava xornada de liga do primeiro grupo de prebenxamíns, disputado en Prados Vellos.

As aliñacións foron estas:

NUMANCIA: Miguel, Marcos Rey, Marcos Margaretto, Martina, Martín, Lucas, Raúl, Jaime, Jonatan, Sergio e Óscar

EUME: Zeltia, Nicolás, Iker, Iago, Alain, Sixto, Antón, Teo, David, Jorge, Álvaro, Marcos e Javier.

ÁRBITRO: José Priegue Leis.

GOLES: Marcos Margharetto(2), Martina e Lucas (2).

COMENTARIO: O marcador indica a superioridade do equipo local que lle permitiu conseguir unha nova vitoria. Goles e xogadas interesantes nun partido que amosou a un Numancia dominador totalmente do partido na primeira parte. Quizás nos segundos vinte minutos, o Eume puido aproximarse algo máis á portería local, conseguindo un gol de xogada de estratexia e creando algunha oportunidade máis.

A vindeira semana haberá que desprazarse ata As Pontes, onde os nenos xogarán nun campo de herba natural.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.