PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 2 - BARALLOBRE, 2

 BO DEBUT NO FÚTBOL-8 A PESAR DO EMPATE.

Disputábase a primeira xornada de liga desta categoría prebenxamín baixo o novo formato de fútbol-8, valorándoo coma positivo para o xogo dos chavales.

Ares, 8 de outubro de 2011

Primeira xornada desta liga prebenxamín con presenza de bastantes seguidores en Prados Vellos.

Genete e Kiko  convocaran a estes doce xogadores: Migui, Diego, Óscar, Manu, Marcos Rey, Lucas, Martina,Martín, Marquitos, Chechu, Jaime e Carlitos.

Iniciábase o partido ás 17.30 da tarde con dominio do equipo fenés nos primeiros minutos que lle daría o seu froito no minuto 10, adiantándose no marcador nunha xogada de córner que aproveitarían para subir o 0 – 1. Con este resultado remataría a primeira metade.

Xa nos segundos vinte m. o Numancia tería o dominio do partido e ocasións, chegando o empate no m. 12, ao transformar Óscar un penalti sinalado polo árbitro (man dentro da área). Pouco despois, nunha xogada aillada volveríase a adiantar o Barallobre pero o ímpetu e bo xogo dos chavales locais tivo o seu premio cando a cinco minutos para o final Óscar estableceu un novo e definitivo empate.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.