PREBENXAMINS: AS PONTES, 1 – NUMANCIA A, 10

Un Numancia sen cambios gaña con comodidade

sábado, 14 de febreiro de 2009

César.

  
ALINEACIÓN:
Eirik Rokkones; Jaime Roade; Saúl Leiva (capitán); Diego Varela e Fran Romaus; Victor López e Martín Saavedra.

ÁRBITRO: Jorge Martínez

 

GOLES: Martín (4), Vìctor (4), Fran e Diego.

 

CAMPO: O Poboado

 

COMENTARIO: Nun partido no que a diferenza de idade resultou fundamental, presentouse o Numancia de Ares, como visitante en As Pontes, cos xogadores xustos, pero ao pouco do comezo, nunha xogada de equipo, Víctor abriu o marcador, e logo tamén nos primeiros compases, Martín volveu a marcar, e así aos 5 minutos, os visitantes gañaban 0-2, e foi este o momento no que nun fallo defensivo e un despiste do porteiro dos aresáns, os locais lograron marcar e poñerse 1-2. Pero antes do descanso, outros dous goles do Numancia, de novo Víctor e Martín, puxeron un claro 1-4, co que se chegou ao descanso.

Desta primeira parte e da metade do segundo tempo, no que o Numancia dominou con comodidade, temos que destacar o bo xogo dos visitantes, que moveron o balón dunha banda a outra, pasando case todos os balóns polos pés de Saúl que non tivo a recompensa do gol para o seu xogo, e xogando a pelota con pases curtos entre eles, o que facilitou os goles de Martín e Víctor, dous novos goles cada un, e outro de Diego, e cun gol de Fran pouco antes do final do partido, cerrouse o marcador dun bo partido dos prebenxamíns do Numancia de Ares.

INCIDENCIAS: Partido correspondente ao 17ª xornada. Boa mañá no campo do As Pontes para xogar ao fútbol.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.