PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 7 - G. CARANZA "B", 3.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Numancia 7 - G. Caranza TRES PUNTOS QUE PERMITEN SEGUIR LOITANDO POLOS PRIMEIROS POSTOS
Partido moi igualado na súa primeira metade, e no que no seu último tramo, se impuxo a condición física e a calidade individual.


Ares 22 de xaneiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Diego León, Mattew, Xan, Sergio Pena, Pablo Cartelle, Samu, Isma, Cris, Migui, Raúl, Diego Fernández e Luís.

G. CARANZA “B”: Yago Varela, Pablo Blanco, Abraham, Alejo, Yago Armendáriz, Adán, Manuel, Juan, Bruno, Edgar, Pablo Rey e Martín.

COLEXIADO: D. Francisco Alejandro García Rodríguez (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Isma (4), Migui (2) e Xan (1).
G. Caranza “B”: Edgar (3).

 


Primeira metade moi igualada na que os dous equipos foron protagonistas. Comezaba a mesma moi de cara para os de Ares que dende o asubío inicial saíron a polo partido, e nos primeiros minutos desta xa se poñían por diante no marcador. O primeiro gol sería obra de Isma, no minuto 3, ao rematar un pase de Xan. Un minuto despois sería Migui, ao saque dun corner moi pechado que o porteiro non é quen de atallar, o que faría subir ao marcador o segundo para os de Ares. Non podía comezar mellor o partido para o conxunto local que en poucos minutos xa se poñía 2 - 0. Durante os seguintes minutos os de Ares apoderáronse do terreo de xogo, envorcándose no campo rival e creando boas ocasións que non materializaron. Cando corría o minuto 10, e en plenitude do dominio local, balón roubado por Edgar preto da área numantina enchufa un forte disparo e acurta distancias, 2 - 1. Este gol levantou os ánimos aos ferrolanos que se viñeron arriba e engancháronse no partido. Comezaron a facer unha forte presión sobre os de Ares, encerrándoos no seu campo e non deixándo que saíran con comodidade. Froito desa presión, e do seu mellor xogo nestes dez últimos minutos, lograron o seu merecido premio coa primeira metade practicamente rematada. De novo Edgar nun rapidísimo contraataque plántase na área local e de tiro cruzado bate a Diego León. Este gol, no minuto vinte, supuxo o empate para os ferrolanos. Sen tempo para máis fómonos ao descanso con empate a dous tantos.

A segunda metade volvía comezar como a primeira. Os de Ares nos minutos iniciais volvíanse adiantar con dous goles, ámbolos dous obra de Isma, que moi atento na liña de gol, aproveita dous rexeites do meta ferrolano, a disparos de Migui e Xan. Esta clara vantaxe daba moita tranquilidade aos de Ares, pero os ferrolanos non deron o encontro por perdido, pois aínda quedaban moitos minutos por diante. O partido entrou nunha fase de centrocampismo, ningún dos dous equipos conseguía impoñer o seu xogo e as chegadas a ámbalas dúas áreas foron máis ben escasas. A medida que foron pasando os minutos impúxose máis, un xogo de calidade individual que colectivo, e tamén o cansazo comezou a facer mella nalgúns xogadores. Nesta fase do partido os de Ares leváronse o gato á auga e comezaron a caer os goles do seu lado. O quinto sería no 34 ´, en xogada individual de Migui que bate a Yago de tiro cruzado. Un minuto despois, sería Xan, tamén en xogada individual, vaise do seu marcador, intérnase na área regatea ao gardameta e marca a porta baleira o sexto. No 37 ´, chegaría o terceiro para os ferrolanos, balón que rouban no medio campo, pase en profundidade a Edgar encara ao meta aresán e báteo por baixo. Co partido prácticamente rematado chegaría unha das xogadas máis bonitas e elaboradas do encontro, protagonizaríana Isma e Xan que arrancan de campo propio, van deixando atrás a todos os rivais, alcanzan a área e finalmente Isma de disparo cruzado marca o sétimo para os de Ares. Sen tempo para máis o colexiado dá por finalizado o encontro co resultado coñecido de Numancia 7 - G. Caranza "B" 3.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.