PREBENXAMINS: Numancia, 2 – Galicia de Caranza, 8

O Numancia non consegue gañar na casa.

sábado, 7 de febreiro de 2009

César.

  
ALINEACIÓN:
Eirik Rokkones; Jaime Roade; Saúl Leiva (capitán); Diego Varela e Fran Romaus; Victor López e Martín Saavedra. Reserva: Ole Hope.

 

GOLES: Martín e Saúl.

 

CAMPO: Prados Vellos.

 

COMENTARIO: Os prebenxamins do Numancia non logran acercarse Aos primeiros postos, nun partido con moitas imprecisións e un xogo moi deslabazado e excesivamente individualista. Nun partido no que o Galicia de Caranza plantouse moi ben no campo e coas ideas moi claras, tanto que en tres xogadas rápidas e ben executadas,  con varios erros defensivos dos locais, púxose 0-3 no marcador, antes de que os rapaces do Numancia entrasen no partido; e con escasos 10 minutos xogados, xa tiñan que remontar o partido.

            O resto da primeira parte, cun bo gol de Saúl de falta, e outro de Martín en xogada de equipo, apretou o resultado ata un 2-3, e parecía que poderían remontar o partido; pero nada máis comezar a segunda parte, en dúass contras moi boas dos visitantes, voltaron a adiantarse no marcador ata un claro 2-5. E logo con moitas prisas, pérdidas e imprecisións dos locais, ainda que sempre con moitas gañas e intentando facer o seu xogo, cousa que debemos valorar, o Caranza só tivo que esperar, e de novo á contra, matou o partido cun claro 2-8 final, que reflectiu a superioridade que puido verse en Prados Vellos.

           

INCIDENCIAS: O sol e a choiva alternáronse durante todo o partido na mañá do sábado en Ares.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.