Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - A SOLAINA "A", 3.
 
 

PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 5 - A SOLAINA "A", 3.

SDR Numancia de Ares Prebenxamíns 2010-2011. Numancia 5 - A Solaina FACENDO NUMANCIA
Séptima xornada da Liga prebenxamín de fútbol sala no seu Grupo A, onde o Numancia derrotou nun emocionante partido o equipo de A Solaina no pavillón da Xunqueira en San Valentín, ante numeroso público.

San Valentín, 19 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Miguel, Roi, Miguel Oliveira, Pablo Cartelle, Sergio, Martín, Jonathan, Raúl, Óscar, Lucas e Carlos.
A SOLAINA “A”: Adrián, Daniel, Brais, Bruno, Pedro, Dani, Daniel, Adrián e Raúl.

COLEXIADO: D. Francisco Saavedra Matesan, con D. David Rodríguez García de cronometrador. (Delegación de Ferrol)

GOLES:
Numancia: Miguel Oliveira (2), Lucas, Óscar e Raúl.
A Solaina “A”: Adrián, Raúl e Adrián.

Novo partido para os prebenxamíns de primeiro ano, axudados por algún prebenxamín de segundo, nesta aventura que están a vivir este ano na competición da Liga de fútbol sala prebenxamín, organizada pola Delegación de Ferrol da Federación Galega de Fútbol Sala.SDR Numancia de Ares 2010-2011.Equipo Prebenxamin F-5.
Esta tarde de domingo en San Valentín, enfrontábanse o Numancia ao equipo de A Solaina "A". Foi un partido bonito e disputado, onde os nenos numantinos amosaron os seus progresos, desfrutaron na pista e foron quen de conquerir a victoria, tres puntos que nestas idade son o menos importante. Bo grupo de rapaces novos ós que cada domingo representan ó Numancia polos pavillóns da comarca de Ferrolterra. Un equipo que este ano combina adestramentos de fútbol 7 e fútbol sala pola semana, e que todos ós domingos participan nesta competición de fútbol sala. Sen dúbida, unha tempada moi completa e chea de novas aprendizaxes e experiencias a que están a vivir estos nenos.
Tamén resaltar o incondicional apoio dos familiares e da afección numantina, que todos ós domingos xúntan preto de 40 persoas acompañando e animando ós rapaces polos distintos pavillóns. Pais, avós, tíos, irmáns e demais familia levan o nome do Numancia por todos os pavillóns da comarca acompañando ós principais protagonistas desta aventura, ós nenos. En definitiva, este grupo da familia do Numancia prebenxamín están domingo a domingo ¡¡¡Facendo Numancia¡¡¡

Darlles ánimos a esta expedición de adultos e nenos a seguir con forza esta tempada deixando en feitos anectóditos ós resultados.

¡¡¡Felices Festas e próspero ano 2011 a todos¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.