Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 14 - AS PONTES "B", 0.
 
 

PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 14 - AS PONTES "B", 0.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Numancia 14 - As Pontes ENCONTRO AO QUE LLE SOBROU MEDIO CAMPO.
Superioridade do equipo local ante un conxunto novo pero que a bo seguro terá un gran porvir.


Prados Vellos, 4 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Diego León, Xan, Sergio Pena, Pablo Cartelle, Migui, David e Oscar. Tamén xogaron Martín, Luís, Isma, Cristina e Raúl Maceira.

AS PONTES “B”: Hugo, Eloy, Alex, Jesús, Iago, Brais, Xose, Alejandro, Iker, Sergio e Anxo.

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras.

GOLES:
Numancia: Xan (7), Martín (3), Isma (2), Migui, David

Partido do que pouco, ou nada, hai que comentar posto que o resultado dio todo. O equipo do Ás Pontes "B", cun conxunto moi novo, formado por nenos de primeiro ano e algúns biberóns, nada puido facer ante a superioridade dos locais. Animar ao Ás Pontes a seguir traballando, aprendendo e sobre todo a desfrutar do fútbol, que é o máis importante. Con esas premisas e co esforzo de todos, a bo seguro que os resultados positivos non han tardar en chegar. Animo rapaces.

Con respecto aos de Ares, darlles os parabéns pola vitoria colleitada, nun partido que serviu para dar minutos aos menos habituais. Nova experiencia para ir fogueándose e adquirindo novos conceptos de cara a partidos máis compricados.

A próxima semana partido transcendental de cara á clasificación, toca visitar A Malata, onde nos enfrontaremos ao EFR Ferrol "B". Tres importantes puntos en xogo para os dous equipos, se queren manterse na parte alta da táboa.

 

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.