PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 11 - ÁNIMAS, 3.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Numancia 13 - Ánimas 3. Prados Vellos.VITORIA CLARA EN CONTUNDENTE DOS DE ARES
Encontro no que primou máis a calidade individual que o bo xogo, o cal foi determinante no resultado final.


Ares 20 de novembro do 2010.

ALINIACIONS:
NUMANCIA: Diego, Mattew, Martín Rodríguez, Xan, Sergio, Pablo Cartelle, Samu, Isma, Cristina, Martín Cepeda, Diego e Luís.

ANIMAS: Daniel, Raúl, Héctor, Marcos, Hugo, Iago, Lucas, Alexandre, Daniel, Luz, Rubén e Alonso.

COLEXIADO: D. Roberto José Landrove Sande (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Numancia: Isma (6), Xan (2), Martín, Diego e Samu.
Ánimas: Lucas, Daniel e Hugo.

Mañá fría, e de forte vento e auga, moi desapracible para a práctica do fútbol, e na que nalgúns momentos do partido, os rapaces tiveron que soportar fortes trebóns que condicionaban o movemento do balón e por momentos deles mismos.

Encontro no que non hai moito que contar, pois o resultado é suficientemente claro para facerse unha idea do sucedido no terreo de xogo. Na primeira metade, os de Ares pronto puxeron terra de por medio, marcándo ao Ánimas tres goles nos minutos iniciais. No 10 ´ con todo o Numancia envorcado no campo rival, unha recuperación de balón de Lucas en mediocampo permítelle, en xogada individual, plantarse no área e acurtar distancias. O gol levantou os ánimos dos ferroláns que durante algúns minutos premeron sobre a área local, pero pronto os de Ares, volverían tomar as rendas do encontro. De novo, envorcáronse sobre a portaría e encerraron o equipo visitante no seu campo, creando moito perigo con tiros afastados que unhas veces detiña o porteiro e outros íanse fóra. Pero malia o dominio local as xogadas non se materializaban no marcador. Ata o minuto 15, no que Isma en xogada individual faría subir o cuarto, para irnos ao descanso co 4 - 1 a favor dos dos locais.

Na segunda metade os de Ares, premeron e encerraron ao Ánimas no seu campo, froito desa presión os ferroláns cometeron moitos erros á hora de sacar o balón. Erros que aproveitou Isma, sempre moi atento no bordo do área, recuperando moitos deses balóns, o que lle propicio marcar 4 goles froito desas recuperacións. As liñas tan adiantadas dos aresáns, tamén lles pasou factura, pois dous roubos de balón, de Diego e Hugo en mediocampo, supuxo dous novos goles para o Ánimas. Xa nos minutos finais Xan, Diego e Samu marcarían os goles que deixarían o marcador no 11 - 3 final.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.