Inicio Noticias Pre Benxamíns PREBENXAMÍNS. NARÓN, 4 - NUMANCIA, 5.
 
 

PREBENXAMÍNS. NARÓN, 4 - NUMANCIA, 5.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Narón 4 - Numancia 5. O Cadaval.ENCONTRO DIFICIL E COMPLICADO CON ALTERNATIVAS NO MARCADOR.
Os de Ares comezaron perdendo, remontaron, e cunha clara vantaxe no marcador a piques estiveron de perder dous puntos.

Narón 6 de novembro do 2010

NUMANCIA: Diego León, Pablo, Cristina, Xan, Miguel Oliveira, Martin e Isma. Tamén xogaron Miguel, David Feal e Sergio.

GOLES: Miguel Oliveira (3), Isma e Martín

Partido que se presentaba difícil e así quedou reflectido posto que cando apenas se levaban disputados cinco minutos os de Ares xa encaixaran dous goles, en 2 xogadas, nas que os dianteiros do Narón colleron os rapaces aínda en pixama. A pesar do revés do marcador en contra, os de Ares recompuxéronse, e nunha primeira acción de Xan, que arranca de campo propio plantase na meta local, pero o seu disparo a porta é rexeitado polo gardameta. O rexeite recólleo Martín en boca de gol que só tivo que empurrala ao fondo das mallas para acurtar distancias. Os de Ares seguiron apertando en mediocampo e froito desa presión, Martín rouba un balón que conduce ata a área, sendo derrubado, o colexiado sinala a pena máxima, e Miguel Oliveira encargaríase de transformarla no gol do empate. Con este gol os ánimos viñéronse arriba e os de Ares tiveron uns bos minutos de xogo, cunha defensa sólida, e unha forte presión exercida en mediocampo. Fruto dela Miguel Oliveira rouba un balón nos tres cuartos, conduce e empalma un forte disparo dende fóra da área, toca no longueiro e vaise para dentro, marcando un autentico golazo. 2 -3 a favor dos de Ares, resultado co que nos iriamos ao descanso.

A segunda metade comezou con dominio dos numantinos. Aos cinco minutos do seu inicio, marcaron o cuarto por medio de Miguel Oliveira en xogada individual. E catro minutos máis tarde, Isma cun disparo dende a frontal da área subiría o quinto ao marcador. Xa nos minutos finais dous erros dos de Ares permitirían ao Narón acurtar distancias ata o 4 - 5 definitivo.

Dar os parabéns aos rapaces polo traballo e o esforzo realizado e os pais as grazas polos ánimos durante todo o partido.

A vindeiro fin de semana toca xornada de descanso, polo que aproveitaremos nos adestramentos para corrixir e tratar de emendar os erros cometidos.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.