PREBENXAMÍNS. NUMANCIA, 10 - PORTUARIOS, 1.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Numancia 10 - Portuarios 1. Prados Vellos.OS MAIS PEQUES INICIAN A LIGA CUNHA GOLEADA

Partido doado para os de Ares fronte a un Portuarios que apenas inquietou a meta local. 


Ares 16 de outubro do 2010

NUMANCIA: Diego, Cristina, Pablo, Xan, Miguel Oliveira, Martín e Isma. Tamén xogaron David Feal, Diego Fernández, Martín Cepeda, Samu e Jaime.

GOLES: Miguel (6), Diego Fernández, Samu, David Feal e Isma.

Primeiro partido de liga no cal os nosos pequenos se encontraron moi cómodos no campo, despregando un gran futbol sobre todo na primeira metade. Logo segundo foron chegando os goles cada un xa buscaba marcar o seu goliño, algo lóxico nuns nenos tan pequenos. En liñas xerais o partido estivo controlado en todo momento, xa que o Portuarios apenas inquietou a portaría defendida por Diego. Así a medida que ían pasando os minutos ían caendo máis goles, co que os rapaces de primeiro ano puideron xogar moitos minutos e dar descanso aos de 2º que noutros partidos nos farán mais falta.

Do resto nada mais relevante, dar os parabén aos nenos polo traballo despregado, que sigan traballando igual que aínda non hai nada feito e dar as grazas aos pais polo apoio, e que sigan animando e non dirixindo, que por agora os pequenos estano a facer moi ben e esperemos que así sigan. O vindeiro fin de semana desprazámonos a Caranza, onde nos enfrontaremos o Galicia de Caranza B.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.