PREBENXAMÍNS. TORNEO DE BARALLOBRE.

SDR Numancia de Ares. Prebenxamíns 2010-2011. Torneo de Barallobre. O Ramo.DOUS SENSACIONAIS PARTIDOS.
O bo fútbol e a eficacia permiteulles aos prebenxamíns alzarse co Torneo de Barallobre. 


Barallobre 18 de setembro de 2010.

Primeiro partido: NUMANCIA (5) – PERLIO (3)

NUMANCIA: David Feal, Pablo Cartelle, Cristina, Xan, Miguel Oliveira, Martín e Isma. Tamén xogaron, Matthew, Samu e Diego.

GOLES: Isma (4) e Miguel Oliveira.

Partido tranquilo na primeira parte con moitas ocasións de gol por parte do equipo numantino que con 3 goles de Isma e 1 de Miguel Oliveira déronnos tranquilidade para afrontar a segunda metade. O equipo do Perlio apenas inquedou a portería defendida por David na primeira parte.
Todo cambiou tras o descanso, ao quinto gol anotado novamente por Isma, hai que engadir un momento de paxara dos nosos pequenos e o Perlio aproveitouno para comezar a acosar a portería defendida por Cristina e as os poucos foron chegando os goles do equipo rival. Ao final o Numancia conseguiu aguantar os ataques do rival e manter a vantaxe da que dispuña, feito que os metía na gran final do torneo.
Destacar neste primeiro partido deste equipo a soltura coa que xogaron e a desenvoltura que mostraron en todo momento os rapaces, e destacar o gran traballo durante todo o partido tanto de Miguel Oliveira como de Isma autor de 4 dos goles.



Final: NUMANCIA (8) – R. DE NEDA (0)

NUMANCIA: David Feal, Pablo Cartelle, Cristina, Miguel Oliveira, Xan, Isma e Samu. Tamén xogaron, Matthew, Martín Cepeda e Diego.

GOLES: Isma (3), Miguel Oliveira (4) e Xan.

Gran final do torneo na que os nosos nenos non se asustaron nin se puxeron nerviosos e despregaron un gran futbol desde o primeiro minuto. Así aos 10 minutos de partido o marcador xa reflectía un claro 4-0 ao noso favor. A superioridade era clara cun Isma oportunista en cada xogada e un Xan que levaba perigo en cada internada pola súa banda. Miguel omnipresente tanto en ataque como en defensa, Cristina e Pablo, un muro infranqueable en defensa, e os que saían desde o banco achegando o seu graniño de area. O partido estivo controlado en todo momento e na segunda parte o Neda tubo un par de ocasións liquidadas con gran acerto por Diego que se mostrou moi seguro a pesar de non ser porteiro. Así ían pasando os minutos e os nosos nenos seguían xogando un gran futbol e conseguindo mais goles ata chegar ao resultado final de 8-0.

Dar os parabéns aos nenos polos dous grandes partidos realizados e só dicirlles que sigan traballando así que aínda non hai nada feito. Próximo compromiso en Ares no Torneo de Fútbol-7  “II Memorial Pedro García Vilar”.

Agradecer a colaboración das persoas que nos facilitaron as fotos do Torneo para a súa publicación.

  

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.