FÚTBOL-7. PRESENTACIÓNS

O MARTES, 31 DE AGOSTO, ÁS 17.00 H., PRIMEIRO ADESTRAMENTO DOS ALEVÍNS DO NUMANCIA.

A próxima semana comeza a actividade para os máis pequenos: alevíns, benxamíns e prebenxamíns iniciarán a temporada 2010 - 11 nos próximos días

Ares, 25 de agosto de 2010

Serán os alevíns (nados no 1999 e 2000) os primeiros en comezar: o martes 31 de agosto ás 17. 00 h., están convocados os nenos desta categoría. Antonio González e Jorge Martínez repetirán unha temporada máis coa preparación dos nenos nesta categoría. Ás 17.30 h. celebrarase unha reunión da directiva do Numancia coas familias destes cativos.

Os días de adestramento seguirán sendo os martes e xoves de 17.30 a 19.00 h.

Dous días máis tarde, o xoves 2 de setembro, ás 16.30 h. están citados os benxamíns (2001 e 2002). Pedro Sánchez e Andrés Riveiro serán os responsables directos da preparación destes rapaces. Ás 17.00 h. a directiva do club reunirase cos pais e nais destes nenos.

Os horarios dos adestramentos están fixados para os martes e xoves de 16.30 a 17.30 h.

E o martes, 7 de setembro, os máis pequerrechos, os prebenxamíns (2003 e 2004), terán a súa presentación ás 16.30 h. Aí estará Borja Carballo, quen se encargará da aprendizaxe futbolística destes nenos e nenas. Ás 17.00 h. celebrarase unha reunión da directiva coas familias destes prebenxamíns.

Os adestramentos serán os martes e os xoves de 16.30 a 17.30 h.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.