Fútbol-7. Festa Fin de Temporada
O próximo sábado, na "romaría" de Stª Catalina, van acudir tres futbolistas: Juan Domínguez do Deportivo, Diego Rivas do Depor B e Álex Permuy do R. Ferrol para estar cos nosos peques.
Quedaron en pasar polo mosteiro ás 15.30 da tarde e estar unha hora aproximadamente. Aproveitando a súa presenza sortearanse un par de balóns entre os rapaces.