TRIANGULAR EN NEDA

FÚTBOL-7 ALEVÍN E FÚTBOL-8 FEMININO

CONVIVENCIA EN NEDA
Homenaxe ao Perlío (campión de liga) e ao Meirás (campión de Copa) nun triangular no que o obxectivo só era o recoñecemento á brillante temporada dos citados equipos xunto á consolidación dos combinados da AFACO.

Neda, 12 de xuño de 2010
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Afaco. Fútbol 7 Alevín y Fútbol 8 Femenino.O campo municipal de Neda foi o escenario de dous triangulares de fútbol-7, de carácter amigable.
Nun dos campos tiñamos a oportunidade de observar as evolucións de dous equipos alevíns campións xunto ao combinado da AFACO. Nos tres partidos disfrutamos coas combinacións, os regates, os goles e as boas maneiras destes rapaciños. Un bonito espectáculo onde os resultados eran o menos importante. A AFACO debe continuar coa organización destes partidos amigables de fin de temporada que serven para que os xogadores ( e tamén os pais e nais) esquezan un pouco eses desexos de vitorias e potencien outros valores: a convivencia, a amizade, en definitiva, o fútbol como diversión.

O combinado alevín da AFACO estivo formado por: José Andrés (porteiro do Cariño); Sergio (porteiro do Val); Raquel (As Pontes) Pedro (Galicia Mugardos); Antón (Cedeira);  Santi (Cedeira); Gabriel (Narón); Carlos (Numancia); Paulino (Eume); Pablo (Amistade Meirás) ; Lucas (Neda); David (Sansa)e Álex (Barallobre). Só faltou Iván do Maniños para a convocatoria dos 14 xogadores.

Xogáronse 30 minutos de partido contra un gran Meirás e un gran Perlio, participando a selección da AFACO dividida en dous equipos e xogando 15 minutos cada equipo por partido.
 

José Manuel Varela, seleccionador do combinado alevín quixo expresar o seu agradecemento aos equipos pertencentes á AFACO: “Quero dar as grazas aos clubs polo trato que recibín cando falei con eles para a convocatoria dos xogadores e sobre todo felicitar aos nenos que participaron, é unha ledicia e un gran orgullo para a comarca ver o respecto e a admiración que se teñen os nenos entre eles, comportamento exemplar, certos nenos estiveran xogando torneos cos seus respectivos equipos pola mañá e aínda así non faltaron á cita para homenaxear aos campións. Moitas grazas e boas vacación a todos.”

Desde esta web queremos felicitar á directiva da AFACO por este esforzo de fin de temporada e animalos para que continúen nos vindeiros anos. Iso si, tamén nos gustaría que se respectase o criterio primordial para a confección dos distintos combinados: levar como mínimo un xogador de cada club da AFACO.
S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Afaco. Fútbol 7 Alevín y Fútbol 8 Femenino.Por certo, onte os alevíns da AFACO utilizaron a indumentaria prestada polo Cariño e quizás fose a última ocasión na que se teña que recorrer á boa disposición dos clubs, porque como nos comentaba o presidente da AFACO, Carlos Janeiro, van por boa vía as negociacións cunha empresa para que patrocine aos combinados da AFACO.
Finalmente, dar conta dos resultados:
Meirás, 1 – AFACO, 0
AFACO, 2 – Perlío, 4
Perlío, 1 – Meirás, 3

 

Paralelamente e no outro campo de fútbol – 7, disputouse un triangular femenino entre o Cariño, Ortigueira e Meirás, con estes resultados:
Ortigueira, 0 – Meirás, 0  (vencedor o Ortigueira, por penaltis)
Meirás, 0 – Cariño, 1
Ortigueira, 0 - Cariño, 2
 
Poucos goles nestes partidos, a pesar das múltiples oportunidades das que dispuxeron. Salientar que resulta moi interesante a celebración destes partidos para  fomentar e promocionar a práctica do fútbol feminino.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.