Inicio Noticias Xerais FÚTBOL - 7. CLAUSURA DAS ESCOLAS
 
 

FÚTBOL - 7. CLAUSURA DAS ESCOLAS

ROMARÍA EN SANTA CATALINA

Xornada de convivencia e festa de de clausura das escolas municipais de fútbol-7 para os cativos e as súas familias o sábado, 19 de xuño.

Ares, 5 de xuño de 2010

O sábado 19 de xuño terá lugar o xa tradicional xantar para todo o fútbol-7 do Numancia. Este evento celebrarase no mosteiro de Santa Catalina a partir das 13.30 h. e coma en anos anteriores, despois do xantar os nenos e os seus pais e nais poderán xogar no campo de fútbol anexo. Tamén estamos realizando xestións para traer algún xogador profesional que participe xunto aos nosos cativos nesta festa de fin de temporada.
Todas aquelas familias que desexen participar nesta xuntanza deben comunicalo na secretaría do club, antes do sábado, 12 de xuño.
O menú consistirá en : tortilla, churrasco, empanada, pizza e postre.
O prezo por familia é de 20 euros.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.