CONCURSO " FUTBOLISTAS CON MOITO VALOR"

CONCURSO " FUTBOLISTAS CON MOITO VALOR"
A Concellaría de Deportes do Concello de Ares e a SDR Numancia de Ares, convocan o concurso “Futbolistas con moito valor” de relato curto.
QUEN PODE PARTICIPAR
Todos os nenos e nenas empadroado/as en Ares e/ou xogadores da SDR Numancia, pertencentes ao nivel de 5º e 6º de Primaria así como a 1º ou 2º da ESO.
TEMAS: VALORES NO DEPORTE
Queremos que os traballos presentados reflictan a deportividade e os valores no seo da actividade deportiva.
Cóntanos unha historia que viviras (ha de ser unha historia real) que reflicta algún destes valores no contexto dun partido, unha competición deportiva, un adestramento, etc...
Ser RESPECTUOSO, ser TOLERANTE, ser SOLIDARIO, ser COMPAÑEIRO, ser DIALOGANTE, SUPERARSE.
CATEGORÍAS:
Haberá dúas categorías: unha para Primaria e outra para Secundaria.
COMO SE PODE PARTICIPAR
Entrega o teu traballo indicando os seguintes datos: NOME E APELIDO, TÍTULO DO TRABALLO, IDADE, ENDEREZO, TELEFONO DE CONTACTO, na Alianza Aresá sito en Rúa María, 11, 15624, Ares.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de presentación de orixinais comprende do día 27 de maio ata as 20 h. do día 21 de xuño de 2010, (As obras presentadas fóra de prazo quedarán automáticamente excluídas do concurso).
PRESENTACIÓN
RELATO/HISTORIA: envía o teu relato escrito en lingua galega, manuscrito ou en formato Word ( times new roman 12, interlineado 1.5) cunha extensión máxima dun folio.
Todos os traballos presentados deberán ter un título, estar perfectamente identificados
XURADO E VOTACIÓN
O xurado estará composto polo Alcalde do Concello ou Concelleiro/a no que delegue, o Director Deportivo Municipal, dous membros da Directiva do Numancia SDR e un profesor do Colexio Conde de Fenosa.

 
PREMIOS:
Un vale por valor de 50 € a trocar en calquera establecemento de Ares en material deportivo para o gañador de cada categoría.
  • Os gañadores do concurso daranse a coñecer publicamente o venres 25 de xuño coa entrega do vale nun acto a desenvolver ás 19 h. na Alianza Aresá.
  • O Concello resérvase a posibilidade de publicar o premio do concurso no momento que o considere oportuno, quedando o exemplar en propiedade deste. Neste senso, o autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  • Os participantes autorizan ao concello de Ares e á SDR Numancia á reprodución e comunicación pública das obras mediante a súa exposición en lugares públicos, difusión a través de medios de comunicación así como a súa incorporación á páxina web.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.