COPA DE FERROL
CLASIFICADOS EN ALEVÍNS E PREBENXAMÍNS. ELIMINADOS EN INFANTÍS.
O Numancia prebenxamín xogará a final da Copa de Ferrol despois de eliminar ao R. Ferrol en semifinais.
E os alevíns sorprenderon ao R.Ferrol B, campión de liga, conseguindo un empate a cero goles que os levou aos penaltis, nos que Fran, Carlos e Emilio conseguiron acertar cos seus lanzamentos, mentres que Fernando paraba o primeiro lanzamento do Ferrol. Por tanto, clasificados para as semifinais deste torneo.
Por contra, os infantís tiñan que remontar un 1 - 3 e non estiveron lonxe da fazaña. No descanso gañaban por 0 - 3 mais o Narón conseguiu dous goles na segunda parte que lle daban a clasificación. Buscando desesperadamente ese cuarto gol que os clasificaba, os aresáns non tiveron sorte estrelando varios balóns nos postes, e preto do final, o gol do empate do Narón pechou a eliminatoria.