AFACO.

ACTIVIDADES DE FIN DE TEMPORADA

Por segundo ano consecutivo a AFACO quere pechar a temporada 2009-10 con festas deportivas e homenaxes aos clubs cos mellores resultados. Ares, 22 de abril de 2010

Nunha asemblea numerosa e despois de tratar diversos temas relacionados coa organización das competicións futbolísticas desta comarca ferrolá, acordouse un calendario de eventos para o mes de xuño.

Na primeira fin de semana de xuño, o club de As Pontes celebra o seu 50º aniversario e organiza un torneo en distintas categorías. Neste caso, a AFACO acudirá o 5 de xuño, con dous combinados: unha selección de infantís dirixida por Rebolo e Kiko, e outra de cadetes, con Manolito coma seleccionador.

O sábado 12 de xuño, e como recoñecemento aos campionatos conseguidos polo Perlío e o Meirás na categoría alevín, a AFACO organiza un triangular no campo de Neda. Perlío, Meirás e unha selección da AFACO dirixida por José Manuel serán os tres equipos participantes. Este mesmo día  tamén está previsto que se dispute un torneo feminino.

O sábado 19 de xuño disputarase a final do torneo de xuvenís da AFACO.

E, finalmente, e como peche definitivo da temporada, o domingo 27 de xuño, no campo do Perlío, teremos a gran festa do fútbol afeccionado comarcal. Posiblemente haberá que comezar a xornada pola mañá cun partido entre unha selección xuvenil da AFACO (designada por Porto e Roca) e o campión da liga local. Xa pola tarde, homenaxe ao campión da 2ª autonómica, o Perlío, que terá enfronte a unha selección de xogadores da 2ª autonómica (Juan Alberto e Juan serán os responsables). E, como non, homenaxe ao equipo ou equipos que consigan o ascenso da 3ª autonómica que xogarán un amigable coa selección de 3ª autonómica.

En definitiva, brillante peche de temporada preparado pola AFACO nuns encontros festivos que servirán para unir á gran familia futbolera desta comarca. Desde aquí, felicitar á xunta directiva da AFACO por esta completísima planificación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.