DESPRAZAMENTO A SEVILLA
A "PEÑA DEPORTIVISTA DE ARES" VIAXA A SEVILLA.
Este vindeiro fin de semana 50 siareiros do Depor e integrantes da Pena Deportivista de Ares desprazaranse á capital do Guadalquivir para apoiar ao equipo coruñes que se enfronta ao Sevilla. Encontro que transmite a Sexta o sábado ás 22:00 h, e que outros teremos que ver desde o sofá.
Desexámoslles unha boa viaxe e que desfruten tanto da capital andaluza como do partido, e esperemos que os seus ánimos sirvan para que o Depor traia os tres puntos.