Inicio Noticias Xerais CIDADE DEPORTIVA DE PEDRÓS
 
 

CIDADE DEPORTIVA DE PEDRÓS

INAUGURADO O CAMPO DE FÚTBOL DE PEDRÓS


Esta tarde o alcalde de Ares, D. Julio Iglesias Redondo inaugurou o campo de fútbol-7, descubrindo unha placa conmemorativa do evento.

 Ares, 26 de febreiro de 2010.
Ás cinco da tarde chegaban ás instalacións da cidade deportiva de Pedrós os xogadores infantís do Numancia e do Galicia de Mugardos, equipos convidados para disputar o partido inaugural destas novas instalacións deportivas que, de momento, contan con dous vestiarios grandes, outros dous individuais, un almacén e dous servizos para público. Tamén dispón dunha ampla zona de aparcamento.
O campo de fútbol-7 ten unha superficie de area e está dotado con dous banquiños e con torretas de luz. Detrás das porterías colocouse unha rede parabalóns e está delimitado por unha varanda.
Ás 17.30 h. , acudiu o sr. alcalde de Ares, acompañado por varios concelleiros aresáns e procedeuse ao descubrimento da placa conmemorativa, colaborando nesta tarefa un xogador de cada equipo. En agradecemento pola participación neste acto, tanto o Numancia coma o Galicia de Mugardos recibiron unha placa, así como o árbitro do partido, Jorge Martínez. Todos os xogadores foron obsequiados cunha medalla.
A continuación, comezou o partido amigable que se caracterizou pola entrega e ilusión de todos os contendientes. O resultado final foi de empate a catro goles.
Desde a SDR Numancia queremos agradecerlle á corporación aresá a súa iniciativa de construír máis instalacións deportivas, tan necesarias para que todos os cidadáns poidan practicar unha actividade física sen ter que saír fóra da localidade. Sabemos que este campo de fútbol-7 só é a primeira actuación desta cidade deportiva e debemos insistir para que nun futuro inmediato se amplíen e vaian completando con outras actuacións que permitan a práctica doutros deportes. A través do técnico deportivo municipal, Xabier Sánchez, coñecemos a intención municipal de instalar unhas pistas de pádel, un campo de tiro con arco e outras pistas polideportivas. Estes obxectivos foron corroborados tamén polo alcalde aresán, ao que se lle notaba a satisfacción por ir cumprindo con parte das súas promesas electorais.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.