Inicio Noticias Xerais CIDADE DEPORTIVA DE PEDRÓS
 
 

CIDADE DEPORTIVA DE PEDRÓS

INAUGURACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL-7 DE PEDRÓS.
Os infantís do Numancia e o Galicia de Mugardos estrean mañá o novo campo.

Ares, 25 de febreiro
Na web do concello podemos atopar toda a información sobre esta noticia:
“O alcalde inaugurará o venres a primeira fase da Cidade Deportiva de Pedrós.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, será o encargado de inaugurar a primeira fase da Cidade Deportiva de Pedrós, unha actuación que superou os 230.000 euros –foron concretamente 231.175,59 euros- e que se executou con cargo ao Plan E (Plan Estatal de Investimento Local) correspondente a 2009. O acto terá lugar o vindeiro venres, día 26, a partires das 17.30, e consistirá no descubrimento dunha placa e na celebración dun encontro de fútbol-7 no que os xogadores infantís do Galicia de Mugardos e do Numancia de Ares estrearán o novo campo.
Esta primeira fase consistiu na construcción dun campo de fútbol-7 con alumeado, unha zona de vestiarios formada por dous espazos colectivos, dous individuais, almacéns e servizos, totalmente equipados, así como na urbanización do entorno e dos accesos á nova instalación. Ademais, habilitouse un amplo aparcadoiro que servirá para dar servizo aos usuarios que acudan á cidade deportiva.
Esta obra supón o remate da primeira fase dun proxecto incluido no programa electoral da formación socialista. Polo tanto, a inauguración supón o cumplimento doutro punto máis das propostas do equipo de goberno, que pretende seguir ampliando en fases posteriores cunha zona para tiro con arco en exteriores e incluso un espazo multideporte con pistas de pádel, baloncesto así como un bikepark.”
O adestrador de infantís do Numancia, José Juan Vilar, citou para as cinco da tarde  aos seguintes xogadores: Quique, Verónica, José Manuel, Iván, Andrés Novoa, Marcelo, Álex, Brais, Miguel e Miguelito. Tamén está convocado o xogador alevín Fran.
Finalmente, comentar que ata última hora haberá que estar pendente da posible suspensión do partido, debido ás condicións meteorolóxicas tan preocupantes destes días.
Cidade Deportiva de Pedrós (Ares) Cidade Deportiva de Pedrós (Ares)

 

 

 

 

 

 

Cidade Deportiva de Pedrós (Ares)Cidade Deportiva de Pedrós (Ares)

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.