Inicio Noticias Xerais PERMUY CLASIFICA Á SELECCIÓN GALEGA XUVENIL
 
 

PERMUY CLASIFICA Á SELECCIÓN GALEGA XUVENIL

Esta fin de semana disputouse a 1ª fase do campionato de España de seleccións territoriais, categoría xuvenil nas illas Canarias. Galiza quedou no grupo de Melilla e Cantabria.
O primeiro partido, Galiza – Melilla finalizou co resultado favorable para a selección irmandiña de 2 – 0. Alejandro Permuy, aínda que non conseguiu ningún gol, foi titular.


No segundo partido, contra Cantabria, a nosa selección foi por detrás do marcador ata que aos 25 m. da segunda parte, Permuy logrou o empate. Posteriormente, e tras unha xogada e disparo do propio Permuy que non puido atallar o porteiro cántabro, un compañeiro seu puxo o definitivo 2 -1 no marcador.
Con estas dúas vitorias, Galiza finalizou na primeira posición e consegue o pase á seguinte fase deste campionato.
Parabéns a todos os xogadores, especialmente ao aresán Permuy. Este xoven dianteiro milita actualmente no equipo xuvenil do Rácing de Ferrol, club co que asinou recentemente un contrato e no que xa debutou co primeiro equipo. Lembremos que Permuy comezou a súa andaina futbolística no Numancia, nas categorías de benxamíns e alevíns.

Selección Galega Xuvenil na que participa Alejandro Permuy

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.