Inicio Noticias Xerais Finais: IX ENCONTROS DE NADAL ‘FÚTBOL-5 EN PISTA’
 
 

Finais: IX ENCONTROS DE NADAL ‘FÚTBOL-5 EN PISTA’

Decembro 26, 2008 ·

Na tarde do venres 26 de decembro, na pista polideportiva de Mugardos disputáronse as finais do torneo de Nadal que organizou  a S.D.C. Galicia de Mugardos.

 

O resultado para a S.D.R. Numancia de Ares foi excelente, posto que estivo presente nas tres finais das tres categorías, incluso na de pre-benxamíns representado por partida dobre cós dous equipos que presentou.

Na categoría pre-benxamíns o equipo B se impuxo ó equipo A por 3-2, foi un encontro no que  os pequenos do B tiveron máis sorte que os do A, xa que dous dos tantos os marcaron en propia meta, pero o que ambos equipos puxeron no campo foi moitas ganas e deron un moi bo espectáculo.

 

Na categoría benxamín a final disputábase entre os organizadores do torneo, a S.D.C. Galicia de Mugardos e o equipo da S.D.R. Numancia de Ares. Un solitario gol dos mugardeses no primeiro tempo chegou para vencer o encontro a pesar dos moitos intentos por acadar o empate por parte dos rapaces que dirixe Eloy.

 

Por último na categoría alevín, tamén tivo coma finalistas un equipo de Mugardos, o Galicia de Mugardos B e outro de Ares, a S.D.R. Numancia, foi a final con resultado máis claro, os aresáns venceron  por 5 a 1 ós organizadores do torneo nun bo encontro.

 

En definitiva unha boa tarde de fútbol-sala que rematou con dous primeiros e dous segundos postos. Cada un dos equipos foi agasallado cunha placa conmemorativa e cada rapaz cunha medalla e un lote de regalos.

 

 Categoría Campión Subcampión
Resultado
 Pre Benxamíns
 S.D.R. Numancia de Ares (B)
 S.D.R. Numancia de Ares (A) 3-2
 Benxamíns S.D.C. Galicia de Mugardos S.D.R. Numancia de Ares (B) 1-0
 Alevíns S.D.R. Numancia de Ares  S.D.C. Galicia de Mugardos (B)
 1-5

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.