SORTEO

SDR NUMANCIA. SORTEO. DECEMBRO 2009003, NÚMERO PREMIADO CUN VALE DE 400 EUROS PARA MERCAR UN AGASALLO EN MASTER CADENA

Onte, venres 18 de decembro, á noitiña, coñecemos o número premiado. Como anécdota quedará a reacción no momento do reparto das rifas, cando ao ver os números que se lle adxudicaran (do 001 ao 010), e en plan de queixa, a señora nos espetara: “a quen lle vou vender estes números?”

Como acabamos de comprobar, non hai números bonitos nin feos. Todos teñen as mesmas posibilidades e ao final só existen números que resultan premiados e outros que non.
Nesta ocasión, o número premiado (003) correspóndelle a avoa da nena Cristina Fernández  Fernández, xogadora do Numancia na categoría prebenxamín. Esta mañá, a súa avoa acercouse ao establecemento de Master Cadena, situado na rúa Santa Bárbara de Ares, onde entregou a rifa premiada e puido decidir a compra que vai efectuar polo valor deses catrocentos euros. Parabéns para a avoa, que estaba feliz e contenta, e con gañas de que o Numancia organízase máis sorteos.
Desde a entidade queremos agradecer a colaboración prestada polo establecemento MASTER CADENA e por suposto, expresamos a nosa gratitude a todos aqueles que participaron na distribución das rifas así como na adquisición das mesmas.

S.D.R. Numancia de Ares. Ganadora de la Rifa de Navidad.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.