SOCIOS

SDR NUMANCIA. SOCIOS DE OURO. DECEMBRO DE 2009OS SEIS SOCIOS DE OURO DO NUMANCIA
Este domingo, 13 de decembro, no descanso do partido entre o Numancia e o Barallobre, a SDR NUMANCIA homenaxeou aos seis socios máis antigos.

Durante o acto de entrega duns agasallos, o vicepresidente do club, d. José Manuel Fernández, pronunciou unhas verbas de agradecemento, das que recollemos un pequeno resumo a continuación.

 

 “Juan Antonio, 63 anos coma socio; Remigio, 61; Fernando, 56; Jesús, 54; Rafael, 51; e Domingo, 50, ...
 Se cabe facer algunha comparación, podemos comparar a familia coa sociedade do Numancia. A familia está formada por pais, fillos, un capital ou patrimonio a administrar que constitúe a economía familiar e ademais réxese por uns valores e principios coma a orde, a disciplina, unha relación afectiva e CARIÑO.
 Se nos detemos no termo CARIÑO, temos que afirmar que é o que senten Juan, Remigio, Fernando, Jesús, Rafael e Domingo polo Numancia. Esta é a mostra cos seus máis de cincuenta anos de FIDELIDADE á sociedade do Numancia.
 Estes bos homes son merecedores de ser distinguidos entre os socios pois son as historia viva do Numancia e un exemplo para o resto da sociedade. As distintas Xuntas directivas vimos de recibir a herdanza que vós nos deixastes e é a nosa obriga administrar esta sociedade para sacarlle o máximo rendemento e protexela.
 Nestes momentos cabe destacar o bo entendemento que ten a entidade co concello de Ares, desde o alcalde ata os concelleiros.
 Cremos que temos motivos para sentirnos orgullosos do Numancia:
- Temos un bo patrimonio.
- Dispoñemos duns vestiarios envexados, incluído o feminino.
- Contamos cunha cantina inmellorable.
- Ofrecemos aseos con accesibilidade para minusválidos.
- Disfrutamos dun pequeno parque infantil.
- Imos ter xa bancadas (están en fase de execución)
- O alumeado será unha realidade en breve.
- A páxina web www.numanciadeares.es infórmanos das nosas actividades incluíndo gran cantidade de fotografías.

A SDR NUMANCIA conta con 282 socios, 160 deportistas, 30 persoas traballando, equipos en oito categorías, ademais dos veteranos; esta sociedade administra uns cincuenta mil euros e non ten débedas.

Traballamos na formación de deportistas, de persoas que adquiran unhas prácticas de vida saudable, que camiñen da man do respecto, que amosen unha boa conduta e sexan educados.
Fomentamos actos de convivencia entre deportistas, nais e pais, directiva e afeccionados. E isto só constitúe unha parte.

“VIVA O NUMANCIA”

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.