Homenaxe ós socios veteranos.

S.D.R. Numancia de Ares. Socios Veteranos. Socios de Oro.SOCIOS DE OURO

O domingo 13 de decembro no descanso do partido entre o Numancia e o Barallobre, a SDR Numancia ofreceralle unha pequena homenaxe aos seis socios máis antigos, concretamente aos seis señores que levan máis de cincuenta anos sendo socios da entidade.

Este acto débese enmarcar dentro das actividades organizadas para celebrar o 80º aniversario do Numancia, e solicitamos a asistencia de toda a afección. Tamén esperamos contar co apoio dos actuais  deportistas numantinos aos que pediremos que acudan co uniforme do club. Temos que conseguir que o domingo Prados Vellos sexa unha festa de colorido vermello e de alegría e agradecemento, todo arredor dos auténticos protagonistas da xornada: os socios de ouro.

Estes son os SOCIOS DE OURO que van recibir o cariño dos siareiros numantinos:

1º  D. Juan Antonio Ares Leira, socio desde o 12 de maio de 1946

2º  D. Remigio Fernández Prieto, socio desde o 1 de xaneiro de 1948

3º  D. Fernando Iglesias Bujones, alta do 1 de setembro de 1953

4º  D. Jesús Torrente Alvarellos, alta desde o 1 de xullo de 1955

5º  D. Rafael Mesías Vázquez, alta do 1 de agosto de 1958

6º  D. Domingo Franco Rodríguez, alta do 16 de maio de 1959


S.D.R. Numancia de Ares. Homenaje a los socios veteranos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.