Inicio Noticias Xerais Calendarios para F8
 
 

Calendarios para F8

ADR Numancia de Ares

 Grupos e calendarios para a 1ª fase do Fútbol 8

Os Alevíns inciarán a competición na casa fronte ó SRD Portuarios. Mentres que Benxamíns e Prebenxamíns terán dobre enfrentamento ó Racing San Pedro. Mentres os Benxamíns debutan en Prados Vellos, os Prebenxamíns visitarán o campo de A Gándara en Ferrol.

Os Alevíns xogarán no Grupo A da Primeira Galicia esta primeira fase, o grupo o compoñen 9 equipos. Xunto os aresáns estarán como rivais ó SCDR Galicia de Caranza 'B', SD O Val 'B', SCDR Ánimas 'B', Eume Deportivo 'B', SRD Portuarios 'A' e 'B' e SD Rápido de Neda 'B' e 'C'.

Comenzarán o 28 de setembro en Prados Vellos fronte o SRD Portuarios. O primeiro desprazamento será O Sinde para xogar coa SD O Val 'B'

ADR Numancia de Ares

Os Benxamíns xogarán esta primeira fase da Primeira Galicia no Grupo A. Grupo con 10 equipos no que os numantinos terán como rivais ó SCDR Ánimas, EF Racing Ferrol, AD Miño, FC Ortigueira, CD As Pontes 'B', Eume Deportivo, SRD Portuarios 'B', Racing San Pedro 'A' e SDCR Narón - O Freixo.

Debutarán na casa o 28 de setembro fronte o Racing San Pedro 'A'. A segunda xornada visitarán A Malata para xogar coa EF Racing de Ferrol.

ADR Numancia de Ares

Por último os Prebenxamíns quedan encadrados no Grupo C de esta primeira fase da Primeira Galicia xunto a outros 7 equipos, CD As Pontes, FC Ortigueira, Eume Deportivo, SRD Portuarios, Racing San Pedro e SCDR Galicia de Caranza 'A' e 'B'.

Comenzan o día 12 de outubro, lonxe de Prados Vellos, visitando ó Racing San Pedro no campo de A Gándara de Ferrol. Prados Vellos ós verá na segunda xornada coa visita do Eume Deportivo.

ADR Numancia de Ares

Calendarios en formato PDF

Alevín F-8 Primeira Galicia, Grupo A,.1ª Fase 

Benxamín F-8 - Primeira Galicia, Grupo A.- 1ª Fase

Prebenxamín F-8 - Primeira Galicia, Grupo C.- 1ª Fase

Enlaces á web da federación.

Alevín F-8 Primeira Galicia, Grupo A,.1ª Fase 

Benxamín F-8 - Primeira Galicia, Grupo A.- 1ª Fase

Prebenxamín F-8 - Primeira Galicia, Grupo C.- 1ª Fase

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.